A Lagoa Bodeira é un dos tesouros que agocha a península do Grove. Nesta proposta de
ruta sairemos de Punta Moreiras, lugar coñecido por ser onde su ubica tanto o Acuario do Grove coma o Museo da Salga. Este último é facilemente visitable, trátase dunha construción con dous espazos, un ao aire libre está aberto sempre e o outro presenta as artes de pesca desde unha perspectiva etnográfica que axuda a entender a historia da salga de peixe que se seguía a finais do s. XVIII e durante o XIX. A ruta vai todo pola beira do mar, o primeiro que nos encontramos é unha exposición ao aire libre de esculturas de pedra, pero o verdadeiro valor da camiñata é a paisaxe e o contacto co ecosistema de ribeira entre praias, rochas e dunas. Fronte á praia Mexilloeira temos a Lagoa Bodeira, un estanque natural de auga dóce que nesta épcoa do outono está repleto de auga e de abondosa diversidade de especies animais. Un pouco máis adiante pódense visitar as ruínas de Adro Vello con restos que van desde unha quinta romana ata a planta dunha igrexa do medievo. Seguindo a ruta podemos mesmo subir ata un mirador natural sobre os illotes de Pombeiro e, como non, toda a ría desde Ons ata Sálvora ou a marxe norte da Ría de Arousa. Á volta pódese un desviar polo roteiro sinalizado do Adro Vello que mostra as constucións tradicionais da zona por unhas paisaxes rurais repletas de auga dóce e salgueiros que nos ha conducir de novo ás praias de Rebordelo e Mexilloeira con volta ao punto de inicio. Uns 12 km de dificultade baixa que animarán os sendeiristas a probar a boa cociña meca. Recoméndase tamén unha visita ao mirador da Siradella e á figueira
meca.
 |
| ruta en vermello |
 |
| Praia de Rebordelo |
 |
| figueria meca, nace dunha pedra (Siradella) |
 |
| Lagoa Bodeira (agua doce) |
 |
| Praia Mexilloeira |
 |
| Illa Pombeira |
 |
| Agasallos do outono |
 |
| panel informativo |