O proceso de normalización lingüística en Galicia vai ser que anda "atascado", senón vexamos como anda en Cataluña, onde os 40 principais, Coca-cola, Mango e ata os bazares chineses se promonocionan na lingua propia daquelas terras...
Mostrar mensagens com a etiqueta lingua. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta lingua. Mostrar todas as mensagens
11/07/2013
1/12/2013
SABÍAS QUE...?:::
Lulú é o
mesmo que Luísa? Lois/Luís/Luísa proceden do xermánico
“HLUTHAWIGM” que derivou en HLODWIG ou HLOLOWIG e que significa HLOD
(gloria) e WIG (batalla), polo tanto o posible significado deste nome
sería “guerreiro/a famoso/a”. No século IX derivara a LUDOVICUS (ou Lodovicus)
xerando o alemán Ludwig e o galego Luís/Luísa ou co cambio de acento; Lois.
Hai quen afirma que esta segunda forma procede da forma francesa ELOI
(ELIGIUS)
O Salnés é
terra de areas e sal? Este macrotopónimo refírese a un “territorio saliniense”
onde abundan as salinas, facendo referencia a este elemento na bisbarra
pontevedresa. Tamén é terra de area, como testemuñan os numerosos topónimos da
zona; Areoso, Arealonga... area é sinónimo de areal na toponimia. Posiblemente
a forma Arousa estea relacionada (medieval Arouça e variante Areosa). Dálle
nome á Ría e á localidade insular. Tamén se vestiron con este topónimo as
“Vilas” do continente (Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa).
“Ademais” non se
acentúa? Seguindo as regras xerais da acentuación galega, a forma “ademais” é
aguda rematada en polo que podemos pensar que cómpre poñerlle o trazo
do til, pero ten un ditongo decrecente. A normativa di que as agudas non levarán
acento gráfico se son monosílabas ou se rematan en ditongo decrecente aínda que
o fagan en vogal, -n ou -s. Así, por exemplo, amei, amou, seguiu, recibiu,
colleu, ademais, capitais, papeis, españois, azuis...Nada ten que ver co til
diacrítico de Máis/mais.
Cal é a
historia da “moqueta”? Pola forma xa podemos intuír que é unha palabra de orixe
francesa (MOQUETTE), trátase dun tecido forte que se usa para facer
alfombras, para tapizar ou para complementos de vestiario. O uso xeneralizado
da alfombra (de orixe árabe) non se popularizou en Occidente ata o S.XVII. A
finais do XIX chamáronlle “moqueta” aos alfombrados das paredes. Facíanse en
tear e semellábase ao terciopelo. Os procesos industriais propiciaron o uso da moqueta,
tamén como grandes alfombrados en ambientes aristocráticos. No S.XX chegou ao
ámbito urbano galego con pouco éxito pola escasa hixiene que ofrecía, resistiu
como material provisional en feiras e exposicións. Cómpre non confundilo con
“moquete” que é unha “labazada no nariz”!
A LINGUA GALEGA MEDRA COMO ESTRATEXIA DE MERCADOTECNIA PARA A EMPRESA GALEGA:::
Cada vez son máis as empresas galegas que
toman conciencia da necesidade de mellorar a súa imaxe idiomática. Así é que os
procesos de etiquetaxe, rotulación e publicidade que se viñan facendo en
castelán por “prestixio” ou falta de conciencia lingüística están a mudar
nalgunhas entidades.
Larsa vén de presentar unha campaña de etiquetaxe dos seus produtos onde
pretenden identificarse con Galicia e coa xente normal da rúa. Nunha entrevista
recente destacaban que se pretenden venderlle leite galego aos galegos, que
mellor que facelo no idioma que nos une.
Por outra banda,
A MESA pola Normalización lingüística vén de anunciar que varios medios de
comunicación se sumaron ao seu proxecto “abertos ao galego”, un certificado que
acredita o compromiso social desas entidades coa lingua galega. Pero non só son
os mass media os que están aí; hai
centos de empresas de todo tipo nesta iniciativa.
A etiquetaxe e
promoción de produtos artesanais tamén vai tomando conciencia da necesidade de
empregar a lingua galega; “Se queremos dicir que está feito aquí en Galicia e o
promocionamos noutro idioma perdemos a credibilidade”.
As adegas
galegas, sobre todo aquelas que exportan viño, xa hai tempo que o teñen claro:
“A xente paga máis por un viño se está etiquetado en galego, enténdese que é
xenuíno de Galicia, ten máis calidade deste xeito”
A cadea galega de
comercialización de produtos alimentarios Gadisa
iniciou hai anos a campaña “Vivamos en
galego” de xeito bilingüe galego-castelán. De contado desbotaron a opción
de emitir anuncios en castelán “facer un anuncio onde presumimos de ser galegos
en castelán é un pouco contraditorio”
E non só é na
“imaxe externa” onde aumentou a presenza do galego. Hai empresas que comezan a
redactar os seus estatutos, contratos laborais, rotulacións internas en galego,
como é o caso de Larsa que desde 1991 no seu convenio laboral mesmo recoñece os
dereitos lingüísticos dos traballadores explicitamente.
12/12/2012
Sabías que...?:::
…regalo,
agasallo, galano e obsequio son sinónimos?
Todos veñen a facer referencia a quilo que
se lle dá a alguén como mostra de afecto ou agradecemento. Regalo
vén do francés (Régaler, de galer divertirse), agasallo
do xermánico gasalia (chegou a nós pola forma latina AGGASALIARE),
galano
tamén ten orixe xermánica (wale-riqueza que pasou ao francés
antigo gale e de aí ás linguas románicas) e obsequio
é un composto latino OBSEQUIU (OB -a cambio de- e SEQUI -seguir).
Todos eles foron agasallos para a nosa fala!
O
turrón vén do catalán torró?
O que non se sabe a ciencia certa é e ese vocablo ten orixe na forma
terra
(pola forma compacta deste alimento) ou en torrar
(polo proceso de elaboración) Este catalanismo está moi presente
estes días na nosa lingua, así que “Bo proveito!”
É
un exorcismo?
En orixe (grego EXORCISMÓS) era a acción de facer prestar xuramento
en nome de Deus, en latín xa se adaptou como EXORCISMOS co
significado de “conxuro contra o demo” En galego actual mantense
a forma e significados latinos e xerouse o verbo exorcizar
para facer referencia á acción de provocar un exorcismo.
Valadares
ten orixe na pedra e na terra?
Este topónimo vigués fai referencia a un valo artificial composto
por estes dous elementos, o mesmo lle pasa a Valo,
Valos,
Valado
ou Valadar.
Se ese “valo” fose de elementos vexetais (estacas) teriamos
Baralla
(VARALIA) que compartimos co portugués Baralha
e castelán Baraja/-s.
Macrorrecitado da “lingua proletaria do meu pobo” de Celso Emilio:::
Con
motivo do centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio
Ferreiro, os centros de ensino galego, coa organización da
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da
Lingua Galega, fixeron un recitado multitudinario do poema “Deitado
fronte ao mar” para reivindicar a necesidade de normalización do
noso idioma.
Participaron
todo tipo de centros de ensino, de todos os niveis e natureza, houbo
mesmo quen subiu á rede eses recitados en versión audiovisual.
Fixérono nunha data clave, o 12 do 12 do 12 ás 12 do mediodía.
Claro quedou que lonxe de “rematar o mundo”, honrouse o idioma
galego e reclamouse a necesidade de normalidade da lingua galega no
ámbito educativo. Con esta actividade, as distintas escolas e
institutos de Galicia quixeron poñer en valor a memoria de Celso
Emilio coa vixencia e forza deste poema publicado en Longa
Noite de Pedra
no ano 1962. Con este declamado coral, quedou de manifesto tamén que
os retrocesos en materia de normalización lingüística no ámbito
do ensino están a servir para aumentar a conciencia lingüística de
docentes e alumnado.
11/11/2012
Sabías que...?:::
…as “castañas” veñen de Grecia? Máis concretamente do grego KÁSTANON e chegou a nós grazas ao latín CASTANEA. A súa árbore, o castiñeiro, é propia de climas cálidos do hemisferio norte e instalouse en terras galegas grazas aos romanos, deixándonos abundante toponimia; de CASTIÑEIRO, Castiñeiras (grupo non moi numeroso de castiñeiros), Castañeda (onde abundan os castiñeiros)
… os Soutos teñen a súa vida? Seguindo cos bosques de castiñeiros, temos a palabra
Souto (soutar
ou soutelear é
coller as castañas do chan nun souto. “Adiós
montes de Soutelo, adiós Soutelo de Montes!”
…é tempo do “magosto”? Da palabra magosto, queremos dicir. Posiblemente proceda
de ALMUSTA, unha forma latina que fai referencia a algo que é nutritivo, pois a
castaña foi a grande fonte de proteínas ata non hai moito. Hoxe, con este
termo, podemos denominar ás castañas que se comen en comunidade, ao lume coa
que se preparan ou á festa que se arma arredor delas. Cada un que escolla!
…é a “Baiuca”? Hai quen recoñeza o campo de fútbol da Estrada, pois tomou nome do topónimo que hai onde foi construído. E é que as Baiucas son moi frecuentes na área atlántica. Constátase que no S.XVI algúns emigrantes comezaron a abrir un tipo de tabernas onde se servía viño e carne. Na lingua entendeuse que unha baiuca era unha taberna antiga ou sucia, pois estoutra palabra foise popularizando con máis forza. Así temos Baiucas e Tabernas, mesmo hai algún lugar que se chama A Taberna Antiga e antes era coñecida coma A Baiuca.
EUROPA SUSPENDE A POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA:::
O Comité de Ministros do Consello de Europa aprobou unha
serie de recomendacións para que o estado español cumpra as bases da Carta Europea das Linguas Rexionais ou
Minoritarias, trala análise das políticas lingüísticas levadas a cabo nos
últimos anos en España. O Comité aprobou a xestión da administración no caso do
catalán e do euskera, pero suspendeu as políticas exercidas contra o galego nos
últimos anos.
O aspecto no que máis se fixa este informe é na profunda
“desgaleguización” do sistema de ensino en Galicia e a destrución das
estruturas normalizadoras coas que se contaba desde que comezou o período
democrático. O Comité destaca que non haxa nas escolas lugar á inmersión
lingüística e que non se garantan os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos.
E O WATHSAPP TAMÉN FALA EN GALEGO:::
Grazas aos movementos das redes sociais, especialmente no Twitter, ao wathsapp xa lle queda menos para “normalizarse” en Galicia. A
primeira proposta foi que a xente “piara” (fixese comentarios) no twitter para
promover a tradución do inglés ao galego deste sistema de mensaxería
instantánea vía móbil-internet . O éxito foi inmediato e agora xa se pode
colaborar na tradución dun xeito comunitario en: http://translate.whatsapp.com.
Seguindo os pasos que se indican, hai que ir vendo as distintas expresións
e as opcións de tradución que aportaron na comunidade, estas serán as que o
sistema empregará cada vez abramos o wathsapp.
Esta iniciativa non é nova, na actualidade as vías de “galeguización” sobre
todo de aparellos e sistemas informáticos non contan coas axudas públicas
pertinentes, mais si coa colaboración dos usuarios que están a normalizar o
galego nestes ámbitos.
11/09/2012
10/10/2012
4/14/2012
PREMIO LEIXAPRÉN:::

ACCESO Á WEB
O Premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, foi creado no ano 1999 a iniciativa do IES Poeta Añón de Outes e asumido pola Coordinadora Leixaprén de Equipos de Normalización Lingüística, que integraba distintos centros educativos das comarcas de Muros-Noia, Barbanza e arredores.
A partir do curso 2011-2012, o premio pasa a ser organizado pola CGENDL, como unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de Ensino de Galicia, coa intención de lle dar continuidade ao obxectivo central co que naceu.
2/10/2012
SABÍAS QUE...?

O APELIDO MÁIS FRECUENTE EN GALICIA É RODRÍGUEZ? Así, polo menos di o IGE [Instituto Galego de Estatística] que fixo un estudo dos nomes e apelidos máis frecuentes no noso territorio: Manuel, María, Rodríguez e Fernández son os máis repetidos. Se te chamas Manuel María Rodríguez Fernández estás de moda!
É TAN GALEGO TI COMA TU? E non estamos de broma, queremos dicir que as formas ti e tu son propias da lingua galega, teñen distribución dialectal; mentres no occidente se di ti (agás no sur) o a metade oriental di tu, a segunda forma é a inicial, a latina; ti supón unha evolución maior.

A MAIOR PARTE DAS ADEGAS GALEGAS SE ETIQUETAN XA EN GALEGO? Houbo anos en que moitas empresas entendían que etiquetar os seus produtos en galego non era prestixioso, pero a cousa foi mudando, segundo un estudo máis do 80% dos “viños galegos” gustan de presumir do orgullo de ser de onde son e fano etiquetándose na nosa lingua; os viños si que saben.
AS LETRAS 2012 ESTÁN DEDICADAS A VALENTÍN PAZ ANDRADE? E para festexalo a CGEDNL [Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización da Lingua Galega] puxo en marcha unha campaña para ligar a lingua ao ámbito do homenaxeado, a empresa. Se tes unha búscaos en internet e déixate seducir polo galego.
2/08/2012
5/17/2011
3/24/2011
morcegos:::

A escritora Lucía Echevarría, gañadora do comercialísimo Premio Planeta, dixo nunha entrevista que "murciélago" era a única palabra en castelán que tiña as cinco vogais.
Un lector, José Fernando Blanco Sánchez, enviou a seguinte carta ao xornal ABC para ampliar o seu coñecemento;
Acabo de ver en la televisión estatal a Lucía Echevarría diciendo que,"murciélago" es la única palabra en el idioma español que contenía las cinco vocales.
Mi estimada señora, piense un poco y controle su "euforia".
Un " arquitecto", "escuálido", llamado "Aurelio " o"Eulalio", dice que lo más "auténtico" es tener un "abuelito" que lleve un traje "reticulado" y siga el "arquetipo" de aquel viejo "reumático" y "repudiado", que "consiguiera" en su tiempo, ser "esquilado" por un "comunicante", que cometía "adulterio" con una "encubridora" cerca del "estanquillo", sin usar "estimulador".
Señora escritora, si el "peliagudo" "enunciado" de la "ecuación" la deja " irresoluta", olvide su "menstruación" y piense de modo"jerárquico".
No se atragante con esta "perturbación", que no va con su"milonguera" y "meticulosa " "educación".
Y repita conmigo, como diría Cantinflas:
¡Lo que es la falta de ignorancia y carencia de agricultura!
2/18/2011
1/12/2011
9/29/2010
9/05/2010
Dar aulas en galego, COMPROMISO ou DESOBEDIENCIA?:::

EN LALÍN O DÍA 9 DE SETEMBRO (O PRÓXIMO XOVES) ÁS 8.30 DO SERÁN NO IES RAMÓN ALLER ULLOA
Ver Instituto Bacharelato Ramon Maria Aller Ulloa en un mapa más grande
Subscrever:
Mensagens (Atom)


















