Para entender ben o presente hai que afondar no pasado. A desinformación actual chámanse mass media, son a ferramenta dos poderes para controlar o que sabemos e tamén o que opinamos...
Mostrar mensagens com a etiqueta ensino. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta ensino. Mostrar todas as mensagens
10/13/2015
9/22/2012
Nota informativa; destino provisional II:::
Os desaxustes do inicio de curso tornáronse este ano máis graves, se cabe. Logo de maltratar ao profesorado con redución de salario (7% menos do soldo e eliminación da paga do Nadal) a Consellería publica en xuño un "calendario escolar" para dicir que das horas de traballo do profesorado dúas que estaban destinadas a reunións de departamento e titorías pasan a ser horas lectivas. Deste xeito afórranse moitos profesores, pois os que están nos centros cubren as horas dos que teñen que contratar...
As contas teñen que dar, e a conta da calidade do traballo poden dar. Como se reducen o horario escolar... parece que non importa.
Con estas medidas, moitas listaxes de secundaria viron tan mermada a contratación de substitutos e interinos que mesmo deixaron sen destino a ducias de profesores funcionarios de carreira en espectativa de destino.
Logo de non ter destino provisional na comvocatoria provisional, tampouco o tiveron na definitiva e agora, como é o meu caso improvisan "destinos".
O meu foi no IES Castelao de Vigo, dando 11h de clase e atendendo a biblioteca pero sorprende ver como chegan ao centro profesores que non se pediron e as vacantes sen cubrir seguen sen cubrir. Filosofía e Lingua Galega e literatura son as máis castigadas, para colocar ao persoal (vítimas dos "recortes") mesmo puxeron persoal de galego a dar filosofía, historia ou latín e grego sen constatar que as persoas ás que lle tocou tivesen idea. Tal e como che din as "azafatas" da Consellería; "total, tanto valeis para un roto como para un descosido" ou "total, mujer, para lo que teneis que dar..." En fin, o caso é que comeza un curso "coma o carallo" grazas á incompetencia dos políticos de turno, e aínda haberá quen lles queira votar...
Subscrever:
Mensagens (Atom)
