Levantous’ a velida,
levantous’ a alva,
e vai lavar camisas;
eno alto
vailas lavar a alva.
Levantous’ a louçana,
levantous’ a alva,
e vai lavar delgadas;
eno alto,
vailas lavar a alva.
E vai lavar camisas,
levantous’ a alva,
o vento lhas desvía;
eno alto,
vailas lavar a alva.
E vai lavar delgadas,
levantous’ a alva,
o vento lhas levava;
eno alto,
vailas lavar a alva.
O vento lhas desvía,
levantous’ a alva,
meteus’ a alva en ira;
eno alto,
vailas lavar a alva.
O vento lhas levava,
levantous’ a alva,
meteus’ a alva en sanha;
eno alto,
vailas lavar a alva.
Mostrar mensagens com a etiqueta TUGAS. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta TUGAS. Mostrar todas as mensagens
12/15/2013
12/10/2013
Morrer no Porto:::
Pouco a pouco, fomos afastándonos da morte ata tal punto que a cidade medra e engule o cemiterio. Así pasa en Agramonte onde conviven os rañaceos e centros comerciais próximos ao Bom Sucesso e á Boavista coas cinzas e gatos a tomar o sol sobre as lápidas. Coñecer como enterramos aos mortos é coñecer tamén a cidade. Das grandes tumbas aos enterramentos máis humildes, a arte, a convivencia e maila cultura do "povo que lavas no rio..." déixanos imaxes coma estas que aquí ofrezo...
Son habituais os enterramentos con "caixa á vista" aínda que nos impresionen.
Entre tanta morte, aínda hai algo de vida.
esquecidos...
suntuosos...
para supersticiosos...
abandonados..
moi abandonados aínda sendo suntuosos...
mirando ao ceo ...dos vivos, dos mortos...
Sobre a cidade...
convivencia...
lágrimas rotas...
a dor
os ricos tamén choran...
Así como me ves...
morrer no Porto...
8/30/2011
A escola da FONTINHA:::
A "escola da fontinha" é un espazo abandonado pola administración portuguesa hai cinco anos. A xente autoorganizouse para darlle uso e a administración contestou cun desafiuzamento moi agresivo. Pasado o tempo as persoas impoñense e a escola volve estar aberta (de momento) pola veciñanza, e chea de actividade. Vexan o seu blog MOI INTESESANTE!!!
Subscrever:
Mensagens (Atom)

