Mostrar mensagens com a etiqueta bike:::. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta bike:::. Mostrar todas as mensagens

5/25/2014

Fortius:::







3/16/2014

Ruta BTT 16.0314:::

Hoxe houbo quen xogou aos Geos, a pousar para o anuncio de Pipas Facundo e mesmo quen tomou o sol....








1/19/2014

Ruta BTT polo Monte da Somoza ata Cuntis:::

Mañá con non moita chuvia aproveitable para subir ao Monte da Somoza e baixar ata Cuntis para volver á Estrada polas pistas que soben ao Alto da Cruz. Accidentada polas caídas e mal estado dalgunhas pistas. Mañá tamén de moita auga e lama. Pero volvemos aínda que un pouco feridos coa maquinaria intacta.







12/22/2013

Ruta BTT ao Monte Xesteiras por San Andrés de Vea:::

Por onde non soben nin as vacas... 

A Estrada no medio da néboa desde o alto do lugar do Pazo, en San Andrés de Vea

avería, avería! Habería que parar!!!

10/06/2013

As dúas aguas do Grove:::

O Grove ten dúas aguas que visten de azul baixo o sol do outono. Ao vivir onde un quere non hai máis que saír á eira para atopar unha chea de sorpresas.

As augas do outono trouxeron algunha que outra lagoa á nosa eira, cousa moi agradecida para que xoguen os rapaces da casa.

Moito traballo dá precisamente esa eira, mantela limpiña de pedras ás veces é cousa de xigantes.

Un dos visitantes máis frecuentes son os cans, e non sei o por que!

Pero non hai nada mellor que as vistas, aínda cando non me quedara a eira limpa de todo...

Agora vouvos falar dos veciños, son pacíficos, aínda que non o parecen, mirade que está ben de moda aquelo de pechar con tulla, pois non estes sonche rariños e pechan con arame de espiño, menos mal que non lles miro para adentro, hai quen di que eles si miran moito para afóra.

A mirada constante dos veciños non deixa que fagamos uso das aguas do Grove.


Iso si, tanto en pericleta ou ás carreiras que hai tanta auga nesa península que un non dá abasto.



Iso si, ás veces éche malo de andar, mesmo parece que nevara e nada diso, estaba un día caralludo!

Algún veciño dedicouse a pasear o can pola Mexilloeira

Outra das atraccións que temos alí pola redonda é mirar para os Cons, algún mete medo, parece obra de escultor.

Así é que se conforma unha paisaxe ben bonita, con cons, monte e area.

E así é que á pericleta só lle falta ir a un curso de natación, porque polo demais xa domina todos os terreos.

O anterior decideuno cando veu a estas compañeiras, encheuse de envexa!

Pero da mala, así que houbo que facela razoar cun pouco de café BTT. 

Pero o Betetismo éche o betetismo e non hai rivais máis fortes, sobre todo cando chegas á cima do monte que sexa e o entorno te agasalla coas vistas que case dan de comer.


De comer e beber que estamos en tempo de vendima e alí estílase o tema.

Pois de momento a pericleta volve para a casa e a ver como atopa a nosa eira o próximo día.



10/03/2013

Da Risca ás Ribeiras do Louro:::

ác
obstáculos

o alto do monte

 o val  

O Porriño

troca de autovías

chan industrial de Galicia

Do tren

Ponte dos Remedios

6/16/2013

Ruta Bikestada As Quintas-Montillón (16.06.13):::

Preparando a "Ruta da Rapa" arrancouse cara aos montes que unen Codeseda e Sabucedo; alá foron os exploradores de Bikestrada (non de Radio Estrada) Sacando unha chea de pinchazos e unha caída dun compañeiro de Campo Lameiro... todo ben, algún algo canso, algún outro escapándolle ao lobo e un potro aí no camiño... así é a vida, compañeiros!!!

os exploradores

Polos xardíns de Codeseda

"cadáveres a un lado"?

menuda rodeira

con relax