Mostrar mensagens com a etiqueta noticias da prensa. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta noticias da prensa. Mostrar todas as mensagens

5/07/2012

Terrorismo forestal:::


A Xunta de Galicia vai permitirlle á Asociación Española de *Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (ASPAPEL) fumigar os eucaliptos de media Galicia co pesticida Flufenoxurón, co fin de acabar cunha praga de insectos. Pero non só acabará con esa praga. Os efectos daniños deste insecticida poden supoñer a extinción case total das abellas de Galicia, as responsables de polinizar os cultivos agrícolas.

O pesticida ten unha alta toxicidade non só para as abellas e outras especies, senón que tamén se ha ter constancia dalgún caso de intoxicación en seres humanos. Por iso, a Comisión Europea prohibiu a súa venda a partir do 1 de Agosto.

4/21/2012

Usan coches oficiais para ir á herba:::

Nos medios veñen de filtrar timidamente esta nova, non só na Xunta están usando os altos cargos os coches oficiais para ir á herba, tamén para outros usos particulares como ir ao ximnasio, buscar os rapaces á escola ou por leña ao monte, o que hai que ver...

4/06/2012

lume nas FRAGAS DO EUME:::

Man criminosa, administración incompetente, ventos de 60km/h, tempo seco e soleado... Hai uns anos a excursión anual da FERVENZA DE OUZANDE dirixiuse a este verxel, agora se queremos ir habemos encontrar algo ben distinto, videre o video...


2/23/2011

23F:::

EIQUÍ, en Cabreiroá, á beira mesmo das autovías a Portugal-Castela-Ourense, está esta casa, cunha estatua dunha muller á dereita e con isto á esquerda. Un admirador de Tejero? Medo dá pasar por diante!!!

1/17/2011

Cidade da cultura vs aldea abandonada:::

Máis que "cidade da cultura" temos que falar de "aldea abandonada", por non haber non hai nin taberna... para dous edificios que hai abertos... están baleiros totalmente. A "cidade da cultura" recorda máis a unha aldea abandonada de Ourense que a un lugar que vaia acoller cultura. De momento, ausencia total de cultura...galega; carteis en castelán para indicar por onde se vai ao aparcadoiro e en inglés para dicir onde está a información...
triste e vergoñento...

1/06/2011

Queridos Reices Maghos...:::

Debéstesvos mollar un pouco esta noite... pero espero que teñades cheghado a todas as casas... habedes de mirar un pouco tamén polas empresas de comunicación, senón lede o que vos poño a continuación (Baltasar, xa somos íntimos; mándoche unha invitación ao facebook!)
En relación á noticia de que o Ghran Larchán ía substituir unha canle de noticias... lede esta nova: Gh24h ten a mesma audiencia que tiña a CNN + (baldosas, non era unha inocentada)
A noticia fala dos reaxustes do grupo Liberty...
"Entre as medidas xa comunicadas aos máximos responsables de cada medio esta a redución dos ao redor de 7.000 traballadores do grupo a 5.000 empregados. Incluída a Cuatro e CNN+. Tamén inclúe un reaxuste no que as empresas que mellor "funcionen", veranse menos castigadas. Os gastos por viaxes, ordenadores, papel, teléfonos móbiles particulares, comidas, etc. deben reducirse e o xornal El País debe reducir o seu orzamento nun 30%.

En Cinco Días, está previsto a baixa voluntaria de 25 persoas e a incorporación de 12 técnicos informáticos, para o relanzamento da web do medio."

Que miseria!!!

12/09/2010

botando por fóra:::

Así évos como vai o Támega por Oimbra, os de Vilaza (Monterrei) teñen problemas no centro da parroquia co Río Búbal e, en Verín, o Támega ameaza con botarse por fóra nalgún tramo...
acceso á noticia da religión...

12/06/2010

NO.CA.GA. xa é unha realidade:::

Hai empresas con nomes desafortunados, parece mentira que sexan buscados, vede o que está a dar de si o nome da caixafusionada...

12/04/2010

AUDASA non se corta:::

XORNAL.COM:
AUDASA non se corta; corta a autoestrada por falta de mantemento. Non lle importa nada, minto: impórtalle cobrar o seu recibo. Se non che dan ticket ten en conta que ese diñeiro que pagas pasa a B. NON SE MOLESTAN en botar sal de noite porque iso é un gasto. Dálle igual que varias veces ao ano haxa placas de xeo, accidentes en cadea, persoas atrapadas, xente que perde voos, traballo, lecer...

11/05/2010

liberdade de expresión vs visita do papa:::

Desde as oito da tarde de onte, centos de persoas convocadas pola plataforma Eu non te espero xuntábanse na Alameda de Compostela, onde un cordón policial impedía a saída da manifestación. As convocantes denunciaron a falta de liberdade de expresión que existe desde hai máis dunha semana por mor da visita do Papa, Benedicto XVI, e o silenciamento de todas as iniciativas que se están a levar adiante para rexeitar e manifestar a oposición das mulleres e da cidadania en xeral de Compostela contra o gasto público nesta visita, asi como en contra da visita do máximo xefe do Estado Vaticano, contra quen foi presentada denuncia estes dias nos Xulgados de Garda en Compostela.
.

11/04/2010

COIDADO QUE VÉN O PAPA:::


Mentres é denunciado por un colectivo cidadán por ser o responsable dunha entidade que ampara abusos contra a infancia, a polémica visita do papa-bieito non lle dá máis que quebradeiros de cabeza aos galegos. Asumir o custo desta visita xa levou ao arzobispado a ir "pedir" polos negocios de Santiago. A policía xa leva tempo tomando Compostela, pero a gran cantidade de axentes que poboarán Galicia nestes dias xa ameaza a vida pública e a seguridade dos cidadáns, pensade nas borracheiras que se van vir gastar aquí armados... O mellor consello non saír da casa e dedicarse á lectura... lede a noticia que relficte o xornalEL PAÍS

11/03/2010

accidentes paquistanís:::



O xornal LA RELIGIÓN DE OURENSE vén de informar dunha nova cando menos curiosa:

"La N-536, a la altura del pueblo de Coedo (O Barco), fue escenario de un accidente que se saldó con todos los ocupantes del coche, cinco personas de origen paquistaní, trasladados en ambulancia al Hospital comarcal Valdeorras. "

Logo de dar todos os detalles, di a nova:

"La oleada de accidentes de coches con personas de origen paquistaní -cuya identidad, al igual que los vehículos, se repite en algunos casos- despertó sospechas de las emergencias y de las compañías de seguros. Una indemnización por un 'latigazo' en el cuello puede alcanzar los 20.000 euros por accidentado, una buena suma para personas que, en muchos casos, dicen carecer de ingresos fijos. "

No LAND ROBER hai un personaxe que é atropellado sistematicamente por coches, sóavos de algo?

9/22/2010

documental castrexo:::


Estes días andan a rodar por Aguiño (Ribeira) un documental internacional sobre os nosos antepasados castrexos. É interesante porque se van difundir aspectos de relevancia sobre a vida cotiá nas pallozas dos castros, poñéndoos en relación cos doutros lugares de cultura atlántica.
Titúlase "O legado celta" e tes máis info na web do LA VOZ DE GALICIA.

4/06/2010

aprender català coa campaña " Et creus molt llest?":::


hoxe comezamos un curso de català on-line. O noso método chámase "Et crueus molt llest? e toma os materiais do metro de Bcn como recursos de aprendizaxe. Hoxe a primeira lección co vocabulario básico para defenderse na capital catalá:
ACTIVIDADE
Seleccione neste anuncio todo o vocabulario relacionado co capital...