11/05/2010

liberdade de expresión vs visita do papa:::

Desde as oito da tarde de onte, centos de persoas convocadas pola plataforma Eu non te espero xuntábanse na Alameda de Compostela, onde un cordón policial impedía a saída da manifestación. As convocantes denunciaron a falta de liberdade de expresión que existe desde hai máis dunha semana por mor da visita do Papa, Benedicto XVI, e o silenciamento de todas as iniciativas que se están a levar adiante para rexeitar e manifestar a oposición das mulleres e da cidadania en xeral de Compostela contra o gasto público nesta visita, asi como en contra da visita do máximo xefe do Estado Vaticano, contra quen foi presentada denuncia estes dias nos Xulgados de Garda en Compostela.
.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: