Mostrar mensagens com a etiqueta bike. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta bike. Mostrar todas as mensagens

1/28/2014

SUBIDA ÁS QUINTAS:::







12/15/2013

Vinseiro BTT

Mañá fría e soleada de bicicleta polas costas da zona de Vinseiro. Deu tempo a facer toda esta leña e muxir todo este ghando. As vistas, coma sempre, tan espectaculares como as costas. Cun pinchazo e a deserción de quen lle vou as orellas ao lobo volvemos á Estrada, punto de partida e de regreso. Para a semana, máis e mellor!











12/01/2013

Pedaladas pola Somoza:::

10/13/2013

Arousa BTT en verso:::

Por un LADO - (al lado), Aldao;
polo outro BTT.
EN tendendo pONTes
pola Ría, que non falte quen 
RÍA nin quen pola PRAIA
pise ou deixe unha
rodeira.








6/30/2013

Cábado BTT:::

Remataron as Festas da Estrada. O máis destacado foi a actuación de DJ Dani que fixo unha demostración dancing morning de como se lle dá aire a unha pericleta... Tamén ofreceu un avituallamento de bebidas frías e xelados, espectacular. Ah, polo demais camiño do Cábado, tamén é certo.
Xelados e bebidas frías moi ben de prezo, oia señora!!!
O club de fans...
Non son bos días para o mundo raposo

6/23/2013

Ruta a Souto (23.VI.13):::

Cos ceos cubertos e un vento do norte que atravesaba, iniciouse a marcha desde unha Praza do Concello totalmente cercada por unha concentración de coches antigos, ascenso ao monte da Somoza cara ao cortalumes de Arca. Impresionantes vistas sobre o val do Río Umia e a área de Pontevedra, co mar ao fondo. Fermoso o Monte Cábado. Algún que outro "cadáver" quedou atrás. Paseo por camiños e corredoiras de Arca, ponte sobre o Umia e regreso con parada na Somoza que hoxe aínda segue de festas...

Planicie do Alto da Pedralba

"cadáveres a un lado!!!"

cortalumes

espectaculares vistas

Cábado

Algún viña ao revés e correndo

perdidos?

abur!

duplo pinchazo, xa hai que ter punteria!!!

Xaquííííííííín!!!

6/09/2013

RUTA DO ULLA en TOURO (08/06/13):::

A IV Ruta Río Ulla celebrada onte en Touro discorreu con normalidade a pesar de que unha orballada constante acompañase aos 500 inscritos ao longo dos 37 ou 45 da marcha (segunto se escollese) Espectaculares paraxes ao pé do Río Ulla nestre tramo entre Vila de Cruces e Touro. De feito, a maior parte do camiño transcorría pegado ao río. Había tramos perigosos pero trialeiras e carreiros que merecían moito a pena. Parabéns ao organizador que ademais de ofrecer esta ruta de xeito totamente gratuíto (coa que está caíndo) aínda tivo a ben agasallar aos participantes con camisolas conmemorativas. Había lavado de bicis e duchas, cousa que se agradeceu enormemente. O que máis me despistou foi que o avituallamento non aparecese na metade da ruta, pois estaba no km 32. Pero "peccata minuta" se temos en conta que volvemos á casa con ganas de volver.

6/04/2013

5/05/2013

Ruta do Salmón (05.05.13):::


4/28/2013

Camiño do salmón:::


4/21/2013

De paseo polo Monte da Somoza e Arca:::

4/07/2013

Ruta Popular de BIKESTRADA:::


Hoxe celebrouse na Estrada a 1ª das Rutas Populares que a Peña Bikestrada organizou para persoas adultas nesta primavera.  Ás dez da mañá arrancou a marcha na Praza do Concello, unha marcha á que tamén se sumou nos primeiros momentos a chuvia. Pero o ambiente primaveral deulle unha tregua ás  máis de 50 persoas que desafiaron ás predicións metereolóxicas. Un pouquiño antes arrancou do mesmo lugar unha das rutas de sendeirismo camiño da Praia Fluvial, Moreira, Aguións. Estes fixeron uns 15km a toda marcha para evitar ser "pillados" por unha treboada. A ruta BTT percorreu algúns dos mesmos carreiros que os camiñantes pero sen chegar a coincidir; Praia Fluvial de Liñares, Moreira, Barbude, Pradela, Presa de Pina, Aguións e regreso á Estrada pola Praia Fluvia da SD Río Ulla. En total foron uns 20 km nunha mañá moi agradable para pedalear polas distintas paraxes que debuxa o Río Liñares na nosa contorna.


3/17/2013

Así foi a III RUTA DA CAMELIA DE VEDRA:::

Hoxe tivo lugar en Vedra a III Ruta BTT da Camelia. Con 250 participantes e moi boas condicións metereolóxicas. A pesar da néboa da primeira hora, esta foi abrindo deixando unha mañá solleira moi agradable para pedalear polos camiños e pistas de Vedra. A única novidade en relación á proposta da organización foi o cambio de varios tramos do percorrido por causa de que o encoro de Portodemouros decidiu liberar auga, anegando algúns camiños e carreiros da beira do Río Ulla. Este contrapunto foi solucionado polos organizadores desviando por outros camiños a ruta e mesmo cruzando a Ponte de Sarandón cara ás parroquias estradenses da outra banda do río para retomar os camiños vedrenses na Ponte de Ximonde. Durante os 42km de percorrido houbo constantes subidas e baixadas que facían cansada a proba, pero sen maior dificultade nin incidencia. Noraboa aos organizadores por dispoñer tan ben toda a ruta; sinalización, duchas, lavado de bicicletas, mesmo pinchos para o remate e unha camelia de agasallo desta III Ruta da... Camelia!
Momentos previos á saída en Tomonde (Vedra)



3/10/2013

Ruta BTT por MONTILLÓN:::

Pois non, a pesar das inclemencias do tempo, non nos caeu o aceite fervendo da churreira de Ribeira... non chegou ao monte ningún elemento da feira de onte...