Hoxe tivo lugar en Vedra a III Ruta BTT da Camelia. Con 250 participantes e moi boas condicións metereolóxicas. A pesar da néboa da primeira hora, esta foi abrindo deixando unha mañá solleira moi agradable para pedalear polos camiños e pistas de Vedra. A única novidade en relación á proposta da organización foi o cambio de varios tramos do percorrido por causa de que o encoro de Portodemouros decidiu liberar auga, anegando algúns camiños e carreiros da beira do Río Ulla. Este contrapunto foi solucionado polos organizadores desviando por outros camiños a ruta e mesmo cruzando a Ponte de Sarandón cara ás parroquias estradenses da outra banda do río para retomar os camiños vedrenses na Ponte de Ximonde. Durante os 42km de percorrido houbo constantes subidas e baixadas que facían cansada a proba, pero sen maior dificultade nin incidencia. Noraboa aos organizadores por dispoñer tan ben toda a ruta; sinalización, duchas, lavado de bicicletas, mesmo pinchos para o remate e unha camelia de agasallo desta III Ruta da... Camelia!
![]() |
| Momentos previos á saída en Tomonde (Vedra) |


Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: