Mostrar mensagens com a etiqueta chaves. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta chaves. Mostrar todas as mensagens

11/02/2010

Feira de Santos:::


Os Concellos esméranse en facer feiras medievais, pagan por ter animación na rúa, queren o éxito que será éxito político. En Chaves as cousas son máis naturais; xente humilde a pulular polas rúas da cidade, todo o mundo a vender o invendible, saldos e ofertas á orde do día, xentes de todas as etnias e cores, imaxes propias dun filme de Manuel de Oliveira, unha cidade chea de aleixadiños tirados no chan no medio da multitude. O que pode fai algo a cambio de diñeiro, un xogo de pallaso, tocar algún instrumento... aínda que quen ten dá diñeiro máis por mágoa que polo espectáculo. Cidade romana que vive no medievo, fachada moderna chea de gando. O rancho da Magndalena a bater os pés contra o chan para facerse ver no medio das "velharías", roupas pouco tradicionais mais si que din moito da que foi en tempos a comarca menos próspera do país. Chégase en autoestrada, ten shoping, ciganos, peruanos, pretos, bebados, drogados, ricos moi opulentos, roupa da feira, marcas falsificadas...
chaves:::