A Illa de Ons forma parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. De todas elas esta é a única nas que está permitido ir en bicicleta. Realmente hai que ir en barco, neste caso desde o porto de Bueu ("Se vou a Bueu nun bou, se vou nun bou non vou") As viaxes realízanas tres navieiras: Cruceiro de Hío, Piratas de Ons e Mar de Ons. Esta última está ligada á "Casa Checho" e non fai viaxes en setembro, Nabia Piratas de Ons é a navieira de Casa Acuña e custa 14€ fronte aos 12€ das outras, pero fai o traxecto en 25 minutos.
O ceo da Ría de Pontevedra foise cubrindo de fume procedente pola mañá do Salnés e pola tarde do Morrazo. Esta viaxe deu para aprender algo de vocabulario novo; Cobrar un cabo é tensalo ata refumalo, favorecendo os labores de atraque da embarcación. O home que leva e trae malas no seu "Pascuali", ás veces cemento, tamén axuda desde terra. Un dos puntos máis visitados é o "Buraco do Inferno", unha gruta pola que entra o mar facendo que coa marea alta e habendo moito mar pareza que anda o mesmo demo do inferno alí metido. Outro dos lugares máis concorridos é o mirador de Fedorentos desde o que se divisan as Cies, Onceta, a Costa da Vela e o mar aberto. Na praia de Fedorentos, con marea baixa, pódese acceder a unha gruta. Existe unha zona de acampada libre pero hai que solicitala antes na web do Parque Natural. Un dos elementos máis representativos da Illa a día de hoxe é ten o maior radio de acción de todo o estado.
Ons é un mundo nunha soa illa, son moitos os detalles que non se poden perder polo que sempre queda a opción de volver.