Ás veces é útil asistir a estas actividades de formación para comprobar que as cousas que un fai, á marxe de instancias superiores, está ben feito e tamén para aprender dos erros alleos. Cómpre saber coller un micro, ter un PLAN B, saber mover ao alumnado en grupos en lugares pequenos, dar ben as instrucións grupais, non soltar un tostón ás masas, hai visitas nos roteiros que poden ser sanamente suprimibles, o importante é o obxectivo xeral de crear gusto pola literatura e/ou polo/s autor/es escollidos na visita, e un longo etc que me dá preguiza "bosquexar" aquí. Algúns entenderedes ben do que falo. Un pracer compartir parte da xornada con vós.
Mostrar mensagens com a etiqueta Arousa. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Arousa. Mostrar todas as mensagens
4/28/2015
10/13/2013
Arousa BTT en verso:::
7/26/2013
Do Xufre ao Faro das Lúas:::
O porto do Xufre acolle, coma todos os veráns, a centos de visitantes ansiosos por degustar os manxares que os veciños arousáns preparan para recaudar fondos con fins sociais relativos aos distintos colectivos asociativos da vila insular. O Xufre convértese, como cada ano, nunha pequena Venecia á que acoden, coa marea alta, ata os muxos por se cae algo, pero refuxiándose das gaivotas que son as donas do mundo. Saíndo da Arousa e co solpor rebrilan varias lúas no horizonte. Chegar ata alí non é tarefa doada por falta de sinalización, pero paga a pena intentalo pois as vistas agradéceno; desde as Cíes e Ons ata o Barbanza temos un mapa aéreo real da Ría de Arousa e do val do Salnés. O Faro das Lúas está no monte de Andras, pero xa lle dá nome a un dos IES de Vilanova e a algún establecemento comercial desta localidade, así que sérvenos de orientación para non perder a perspectiva sobre a Ría. Entre outras cousas axuda a ver a importancia da produción mexilloeira na zona; é un mapa dos polígonos mexilloeiros desde Cambados a Vilagarcía ou desde o Grove a Ribeira. E, no medio, a súa "pérola", a Arousa.
2/06/2013
1/30/2013
Praia do Bao-Punta da Cruz (ás carreiras):::
Ás carreiras pola Praia do Bao, Praia de Camaxe, Praia de Camaxiñas, Praia de Lavanqueira, Praia do Conserrado, Praia das Salinas e Parque Natural de Carreirón.
1/22/2013
8/18/2012
Subscrever:
Mensagens (Atom)


















