Mostrar mensagens com a etiqueta educación. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta educación. Mostrar todas as mensagens

4/12/2013

O Negro (Rosa Montero/El País):::


Estamos no comedor estudiantil dunha universidade alemá. Unha alumna loura e inequívocamente xermana adquire a súa bandexa co menú no mostrador do autoservizo e logo senta nunha mesa. Entón advirte que esqueceu os cubertos e volve levantarse para collelos. Ao regresar, descobre con estupor que un mozo negro, probablemente subsahariano polo seu aspecto, se sentou no seu lugar e está comendo da súa bandexa. De entrada, a rapariga séntese desconcertada e agredida; pero enseguida corrixe o seu pensamento e supón que o africano non está afeito ao sentido da propiedade privada e da intimidade do europeo, ou ata que ao mellor non dispoña de diñeiro suficiente para pagar a comida, aínda sendo esta barata para o elevado estándar de vida dos nosos ricos países. De modo que a moza decide sentarse fronte ao tipo e sorrirlle amistosamente. Ao cal o africano contesta con outro branco sorriso. A continuación, a alemá comeza a comer da bandexa intentando aparentar a maior normalidade e compartíndoa con exquisita xenerosidade e cortesía co mozo negro. E así, el toma a ensalada, ela apura a sopa, ambos pinchan paritariamente do mesmo prato de estofado ata acabalo e un dá conta do iogurt e a outra da peza de froita. Todo iso trufado de múltiples sorrisos educados, tímidas por parte do raparigo, suavemente alentadoras e comprensivas por parte dela. Acabado o xantar, a alemá levántase en busca dun café. E entón descobre, na mesa veciña detrás dela, o seu propio abrigo colocado sobre o respaldo dunha cadeira e unha bandexa de comida intacta.

Dedico esta historia deliciosa, que ademais é auténtica, a todos aqueles españois que, no fondo, recelan dos inmigrantes e considéranlles individuos inferiores. A todas esas persoas que, aínda bienintencionadas, observan aos inmigrantes con condescendencia e paternalismo. Será mellor que nos liberemos dos prexuízos ou corremos o risco de facer o mesmo ridículo que a pobre alemá, que cría ser o colmo da civilización mentres o africano, el si inmensamente educado, deixábaa comer da súa bandexa e talvez pensaba: "Pero que chiflados están os europeos".

9/04/2012

nota informativa, destino:::

Ante a repetida pregunta de "ONDE CHE DERON ESTE ANO" e para non repetir o mesmo diariamente, sobre todo unha vez que entramos no mes de setembro... explico:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non ofrece vacantes suficientes para termos un DESTINO DEFINITIVO. Esta administración aprobou en xuño deste ano o calendario escolar, onde espetou que o funcionariado ha destinar dúas horas de traballo (titorías-reunións de departamento) á docencia directa, incrementándoa ao seu horario lectivo normal. Con isto, e tendo que cada profesor vai dar duas horas de clase semanal doutro profesor, o número de vacantes REDÚCESE considerablemente.
O 31 de xullo de 2010 a Consellería aproba unha listaxe provisional de DESTINOS PROVISIONAIS, sírvanos a redundancia, na que aparecen moitos menos destinados que outros anos. En setembro sempre aumentan vacantes pero desta volta as previsións da Consellería son as que xa alertan os sindicatos; unha redución moi grande de profesorado. Hai que ter en conta que nos últimos cursos van alá máis de 3000 profesores no paro ao tempo que aumenta o número de profesionais contratados no ensino privado e concertado.
E cando saen os destinos PROVISIONAIS DEFINITIVOS? sírvanos a contradición para dicir que o día 14 de setembro. Así que ata daquela non vou saber nada. Dadas as circunstancias non creo que haxa vacante para min, polo que a previsión é que comezará o curso (17.09.2012) sen estar destinado. A medida que pasen os días pode ser que nos chamen para cubrir as substitucións que deixan de cubrir os interinos e substitutos aos que non contrate a administración.
En resumo, é ben que non repitades moito a pregunta de "onde che deron" porque me deron na moral un ano máis ao non haber unha planificación lóxica por parte da administración, aumentada esta coas políticas de privatización que levan ao recorte en profesorado, co prexuízo do ensino público, do alumnado, das familias e -en consecuencia- do profesorado.
A onde irei? mirade o mapa e facede apostas.
Topete dixit.



12/01/2011

En defensa do Ensino Público:::

10/11/2011

As noticias que a prensa non publica:::


Hoxe, martes 10 de outubro vén de celebrarse ás portas do IES A Sangriña un acto de protesta en relación aos graves recortes que está a sufrir o Ensino Público. Membros da Comunidade Educativa, en especial alumnado e profesorado, pararon durante o “recreo” a súa actividade habitual para despregar unha pancarta na que se podía ler “Pola Calidade do Ensino Público”. Tamén fixeron a lectura dun manifesto onde se recolleron sete aspectos que resumen como o centro está a sufrir esta situación. Desde o centro considérase especialmente grave o recorte no cadro de persoal, o que motiva que unha única persoa teña que realizar a garda dun centro tan grande, co prexuízo que isto supón para o alumnado que queda mal atendido no caso de ausencia dalgún profesor. Outro aspecto a salientar é que se obrigue ao profesorado a impartir varias “materias afíns” das que non é especialista co consecuente empobrecemento da calidade das clases. Denuncian a “masificación” das aulas e o feito de que varios profesores aínda non foran enviados ao instituto cando se vai cumprir un mes do inicio das clases.
Esta actividade enmárcase dentro doutras que a nivel comarcal están a desenvolver os IES e Escolas para denunciar esta situación que lle afecta especialmente ao estudantado; o vindeiro martes 18 teñen previsto facer unha concentración conxunta ás portas do Concello da Guarda todos os centros de Oia, O Rosal e A Guarda, desta volta x

5/05/2011

do dereito á educación:::


A Consellería de Educación deixa de cubrir as baixas de profesorado en Galicia. Hoxe comeza a campaña electoral de cara ás vindeiras eleccións municipais. Moitas persoas que participan nas candidaturas e que son profosores e profesoras piden estes días para realizar o seu labor. Estes permisos outórgaos a administración por lei, cubrindo os seus postos con persoal substituto. Nestas eleccións, por vez primeira, a Xunta de Galicia deixou de enviar profesorado aos centros, deixando sen atender milleiros de escolares durante máis dun mes. As malas voces apuntan a que non volverán cubrir baixas no que queda de curso, como se quedase pouco; dous meses. Tempo en que se deixará de dar clase, fronte aos principios básicos que marca a constitución española; o dereito ao ensino.
Os sindicatos protestan, ninguén lles fai caso. A administración cala, entende que esta é unha medida de aforro económico. Non pensou aínda en aforrar en gastos innecesarios na propia consellería...

9/28/2010

Agrávase o caos na Educación:::

Lonxe de se iren solucionando os problemas do inicio de curso, estes agudízanse. A administración trata de calalos pero ás veces conter un mar nunha presa de rega lévate a que se che salgue o millo...
-Mondariz: un cole de primaria non iniciou as clases a tempo porque non tiñan preparadas as instalacións. Agora comezaron poro grazas á iniciativa do profesorado, que improvisou un cole dentro dun pavillón de deportes. Rapazada de 3 a 5 anos comparten, masificado o territorio que de portería a portería lles leva a xogar ao silenzo. A maior parte das actividades son irrealizables polas condicións en que están.
Tampouco están mellor os de primaria e da ESO que non poden facer uso do pavillón. Así é que se dedican a facer deportes rurais polas pistas da parcelaria. Ata esta semana non tiveron mal tempo...
-Os libros, disque, arden mal. Os novos ás veces debían de ir para o lume. Moitos centros esforzáronse por cumplir o decreto sensentido 79/2010 chamado do PLURILINGUISMO. Moi plurilingue non debe ser cando traducen ao castelán We are the chmapions ou a Caroliina...

9/18/2010

DIMITE A DIRECCIÓN DO IES DE BRIÓN DEBIDO AO RECORTE DE PROFESORADO:::


As noticias que se fan eco nos xornais non teñen, ás veces, moito que ver coa realidade. Mentres os xornais galegos publican que o inicio de curso foi de "total normalidade" encontramos múltiples problemas desde "Ortegal ao Miño", vede o que pasou en Brión neste enlace á súa web.

9/15/2010

CAOS NO INICIO DAS AULAS:::

...550 interinos e interinas de ensino secundario quedaron sen traballo mentres numerosas necesidades dos centros seguen sen ser atendidas...

Coa adxudicación de destinos provisionais definitivos a Consellaría de Educación deixa sen traballo a 545 interinos de secundaria e 5 das Escolas Oficiais de Idiomas:

54 profesores/as de xeografía e Historia,
18 Filosofía, 45 de Debuxo,
63 de Lingua Castelá,
41 de Matemáticas,
29 de Educación Física,
61 de Música,
50 de Lingua Galega,
45 en Francés,
...
en conxunto uns 550 profesores, moitos deles con varios anos de servizo, pasan ao paro. Esta situación pode verse incrementada coa de FP, pois tamén nestas ensinanzas se produciron recortes importantes coa desparición de máis de 20 ciclos formativos.
Suprimíronse os grupos de ensinanzas de adultos en nada máis que 50 centros.
A calidade do traballo a realizar será moi cativa polas circunstancias marcadas pola propia consellería, das 1387 prazas adxudicadas, 612 son prazas con materias afíns (445 con unha afín, 124 con dúas afíns e 43 con tres afíns) é dicir 612 profesores teñen que impartir aulas en especialidades das que non son especialistas.

Ademais do profesorado interino sen posto adxudicado, hai tamén funcionarios en expectativa de materias comúns de secundaria aos que non se lles adxudicou posto de traballo aínda sendo funcionarios de carreira: Lingua castelá e literatura, matemáticas, Música e Lingua e literatura galega, entre outras. Hai que sinalar que esta situación reitérase un ano máis, pois xa no pasado curso a varios profesores e profesoras funcionarios non se lles adxudicou destino no inicio de curso e nalgúns casos tiveron que realizar substitucións.

Por todo isto hai hoxe unha CONCENTRACIÓN ás 11.30 horas, diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para esixir que se satisfagan as necesidades dos centros e que se adxudiquen prazas a todos os interinos e interinas.

9/05/2010

Pa quen preghunta:::

O DOG do 22 de xuño de 2010 publica a orde do 14 de xuño de 2010 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico
2010-2011 [...]Nesa orde especifícase:
"Trixésimo segunda.-Resolución definitiva.
Resoltas as reclamacións previstas na base anterior,
a Dirección Xeral de Centros e Recursos
Humanos procederá á adxudicación das prazas e a
facer pública a resolución definitiva do concurso
na páxina web www.edu.xunta.es e nos departamentos
territoriais da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria o día 14 de setembro de
2010.
"

Conclusión: Ata ese día que a ninguén se lle ocorra facer a pregunta de "E ti que, non sabes nada?" porque "me revienta" a preghuntiña dos c...