Coa adxudicación de destinos provisionais definitivos a Consellaría de Educación deixa sen traballo a 545 interinos de secundaria e 5 das Escolas Oficiais de Idiomas:
54 profesores/as de xeografía e Historia,
18 Filosofía, 45 de Debuxo,
63 de Lingua Castelá,
41 de Matemáticas,
29 de Educación Física,
61 de Música,
50 de Lingua Galega,
45 en Francés,
...
en conxunto uns 550 profesores, moitos deles con varios anos de servizo, pasan ao paro. Esta situación pode verse incrementada coa de FP, pois tamén nestas ensinanzas se produciron recortes importantes coa desparición de máis de 20 ciclos formativos.
Suprimíronse os grupos de ensinanzas de adultos en nada máis que 50 centros.
A calidade do traballo a realizar será moi cativa polas circunstancias marcadas pola propia consellería, das 1387 prazas adxudicadas, 612 son prazas con materias afíns (445 con unha afín, 124 con dúas afíns e 43 con tres afíns) é dicir 612 profesores teñen que impartir aulas en especialidades das que non son especialistas.
Ademais do profesorado interino sen posto adxudicado, hai tamén funcionarios en expectativa de materias comúns de secundaria aos que non se lles adxudicou posto de traballo aínda sendo funcionarios de carreira: Lingua castelá e literatura, matemáticas, Música e Lingua e literatura galega, entre outras. Hai que sinalar que esta situación reitérase un ano máis, pois xa no pasado curso a varios profesores e profesoras funcionarios non se lles adxudicou destino no inicio de curso e nalgúns casos tiveron que realizar substitucións.

Por todo isto hai hoxe unha CONCENTRACIÓN ás 11.30 horas, diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, para esixir que se satisfagan as necesidades dos centros e que se adxudiquen prazas a todos os interinos e interinas.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: