Mostrar mensagens com a etiqueta O Grove. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta O Grove. Mostrar todas as mensagens

11/16/2015

Roteiro LAGOA BODEIRA-ADRO VELLO:::

A Lagoa Bodeira é un dos tesouros que agocha a península do Grove. Nesta proposta de ruta sairemos de Punta Moreiras, lugar coñecido por ser onde su ubica tanto o Acuario do Grove coma o Museo da Salga. Este último é facilemente visitable, trátase dunha construción con dous espazos, un ao aire libre está aberto sempre e o outro presenta as artes de pesca desde unha perspectiva etnográfica que axuda a entender a historia da salga de peixe que se seguía a finais do s. XVIII e durante o XIX. A ruta vai todo pola beira do mar, o primeiro que nos encontramos é unha exposición ao aire libre de esculturas de pedra, pero o verdadeiro valor da camiñata é a paisaxe e o contacto co ecosistema de ribeira entre praias, rochas e dunas. Fronte á praia Mexilloeira temos a Lagoa Bodeira, un estanque natural de auga dóce que nesta épcoa do outono está repleto de auga e de abondosa diversidade de especies animais. Un pouco máis adiante pódense visitar as ruínas de Adro Vello con restos que van desde unha quinta romana ata a planta dunha igrexa do medievo. Seguindo a ruta podemos mesmo subir ata un mirador natural sobre os illotes de Pombeiro e, como non, toda a ría desde Ons ata Sálvora ou a marxe norte da Ría de Arousa. Á volta pódese un desviar polo roteiro sinalizado do Adro Vello que  mostra as constucións tradicionais da zona por unhas paisaxes rurais repletas de auga dóce e salgueiros que nos ha conducir de novo ás praias de Rebordelo e Mexilloeira con volta ao punto de inicio. Uns 12 km de dificultade baixa que animarán os sendeiristas a probar a boa cociña meca. Recoméndase tamén unha visita ao mirador da Siradella e á figueira meca.
ruta en vermello

Praia de Rebordelo

figueria meca, nace dunha pedra (Siradella)

Lagoa Bodeira (agua doce)

Praia Mexilloeira

Illa Pombeira

Agasallos do outono

panel informativo

10/06/2013

As dúas aguas do Grove:::

O Grove ten dúas aguas que visten de azul baixo o sol do outono. Ao vivir onde un quere non hai máis que saír á eira para atopar unha chea de sorpresas.

As augas do outono trouxeron algunha que outra lagoa á nosa eira, cousa moi agradecida para que xoguen os rapaces da casa.

Moito traballo dá precisamente esa eira, mantela limpiña de pedras ás veces é cousa de xigantes.

Un dos visitantes máis frecuentes son os cans, e non sei o por que!

Pero non hai nada mellor que as vistas, aínda cando non me quedara a eira limpa de todo...

Agora vouvos falar dos veciños, son pacíficos, aínda que non o parecen, mirade que está ben de moda aquelo de pechar con tulla, pois non estes sonche rariños e pechan con arame de espiño, menos mal que non lles miro para adentro, hai quen di que eles si miran moito para afóra.

A mirada constante dos veciños non deixa que fagamos uso das aguas do Grove.


Iso si, tanto en pericleta ou ás carreiras que hai tanta auga nesa península que un non dá abasto.



Iso si, ás veces éche malo de andar, mesmo parece que nevara e nada diso, estaba un día caralludo!

Algún veciño dedicouse a pasear o can pola Mexilloeira

Outra das atraccións que temos alí pola redonda é mirar para os Cons, algún mete medo, parece obra de escultor.

Así é que se conforma unha paisaxe ben bonita, con cons, monte e area.

E así é que á pericleta só lle falta ir a un curso de natación, porque polo demais xa domina todos os terreos.

O anterior decideuno cando veu a estas compañeiras, encheuse de envexa!

Pero da mala, así que houbo que facela razoar cun pouco de café BTT. 

Pero o Betetismo éche o betetismo e non hai rivais máis fortes, sobre todo cando chegas á cima do monte que sexa e o entorno te agasalla coas vistas que case dan de comer.


De comer e beber que estamos en tempo de vendima e alí estílase o tema.

Pois de momento a pericleta volve para a casa e a ver como atopa a nosa eira o próximo día.



9/15/2013

O Grove BTT:::

Ata os lugares peor explotados turisticamente poden ser reciclables de cara a  un turismo diferente, tal é o caso das Rías Baixas no Grove. O caos xerado pola especulación urbanística non foi quen de agochar os seus encantos totalmente. "Ai Sálvora, ai San Vicente..." terra de salgaduría tradicional, cunchas e cons, un lugar ideal para aventurarse a facer BTT.
Faro e Illa de Sálvora

pía no museo da salgaduría

depósitos para o peixe no museo da salgaduría

garaxe meco

San Vicente

cuberta integrada

Restos arqueolóxicos de Adro Vello, muro de época romana, sobre ela restos dunha igrexa baixomedieval

Entrada ao xacemento...

A liña recta entre dous puntos non sempre é o camiño máis rápido, cómpre parar a descansar.

Ai Sálvora, ai San Vicente...