
O pádel é un deporte de cooperación-oposición, caracterizado pola presenza de xogadores compañeiros que colaboran para conseguir un resultado común, ante o antagonismo duns adversarios que, tendo os mesmos recursos, perseguen a fin oposta. É un deporte que require dunha gran técnica e estado físico.
Xógase en parellas e consta con tres elementos materiais fundamentais para o seu desenvolvemento: a pelota, a pa e o campo de xogo ou pista. Posúe regras ben definidas e está representado por federacións e asociacións. Arxentina, México, Brasil e España son países onde o pádel tivo un gran desenvolvemento. O PPT é o circuíto máis importante deste deporte a nivel mundial, sen deixar de lado os campionatos mundiais de pádel. Ao longo destes ultimos anos tivo un gran desenvolvemento en España.