
A palabra CHIMPÍN non se atopa facilmente nos dicionarios, é un neoloxismo creado polo xenio galego para definir o que en lingua estandar se chama MOTOCULTOR, podémolo atopar definido deste xeito:
"motocultor < moto- + -cultor
cast: motocultor ingl: cultivator alem: Kultivator
s m AUTOM Máquina automotora dun só eixe que se emprega para traballar a terra. Está composta por un chasis que leva o motor, as rodas e as ferramentas, e poden ser arrastradas ou empurradas.
Ben, e de onde vén a palabra Chimpín? primeiro dicir que non todo o territorio lingüístico galego escolleu esta forma, así no Barbanza é o MATRUQUILLO, e mesmo na nosa zona lle chamamos MAQUINILLO...
CHIMPÍN é unha voz onomatopeica derivada dun verbo galego, chimpar, que tamén se coñece en portugués pero ollo NON EN CASTELÁN.Vede o anuncio en castelán de venda dun chimpín...

"Vendo chimpin restaurado, en perfecto estado.
-Dirección hidraulica.
-Bañera giratoria 180º.
-Basculante hidraulico.
-Traccion delantera, Direccion trasera.
-4 velocidades y Retroceso.
-Claxon.
-Focos delanteros y traseros.
-Motor Diesel.
-Autorradio con altavoces"
Ben, segundo se pode atopar en distintos dicionários, a palabra
chimpar ten orixe nunha voz onomatopeica que significa o seguinte (digalego.com):
1 v t Derrubar algo que está no alto cara ao chan.
2 v t Lanzar unha cousa con forza máis ou menos lonxe.
3 v t fam Botar a alguén dun lugar ou cargo en que estaba.
4 v i Dar un salto.
5 v pron Botarse desde un lugar elevado.
SIN: arrebolar, cimbrar, guindar, tirar, expulsar (cult), choutar, saltar, lanzarse.
A relación semántica entre este verbo e o substantivo chimín está clara, daí xorde unha das voces modernas peculiares da lingua galega, non esquezamos que o xenio creador galego adopta múliples vocablos para as novas realidades coas que convivimos, conf con MUÍÑO DE VENTO: virolo, virandolo, viravento, muíñolo...
Para rematar, aí vos vai o enlace a un blog de chimpín...
http://chimpin.blogspot.com/