8/28/2009

PORCA!!!:::

Todos sabemos que unha porca é unha peza cilíndrica con rosca que se adapta a un parafuso, pero diredes vós... que ten que ver iso coa porca do porco? Pois resulta que PORCA con o breve en latín era o mesmo que hoxe en castelán "tuerca" e PORCO tamén con o breve era o animal. Para a nosa PORCA animal dicían SCROFA.O feito de que desaparecera este termo e se metera PORCA foi pola semellanza con PORCO ao facer un feminino lóxico pero tamén por cuestións semánticas de parecidos que explican moi ben os kukuxumusu

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: