Símbolo de amor tráxico pois estivo namorado de Dona Elvira, dama da corte á que el servia (Marquesado de Villena). Logo de nacer en Padrón e de ser un dos últimos autores da lírica medieval galega. As súas 21 cantigas aparecen no Cancionero de Baena.
Aproveitando a súa ausencia, o marqués casou a Dona Elvira cun fidalgo rico. Macías e Elvira non abandonaron a relación, motivo polo que Macías foi recluído nunha prisión de Arjonilla onde seguiu cantándolle o seu amor a Dona Elvira. O marido, ciumento, asasinouno.
Cativo, de miña tristura
ja todos prenden espanto
e preguntan que ventura
foi que me tormenta tanto.
Mais non sei no mundo amigo
a quen máis de meu quebranto
diga de esto que vos digo:
Quen ben sée nunca devía
ál pensar, que faz folía.
