Para entender ben o presente hai que afondar no pasado. A desinformación actual chámanse mass media, son a ferramenta dos poderes para controlar o que sabemos e tamén o que opinamos...
Mostrar mensagens com a etiqueta opinión. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta opinión. Mostrar todas as mensagens
10/13/2015
7/28/2013
Hoxe subimos ao palco:::
Ata o momento, moitos coñeciamos a parroquia de Angrois desde o aire. Cada vez que circunvalamos a capital galega pola AP-9 valémonos dun viaduto sobre este quilómetro cero de Galicia. Naquela zona converxen autovías e autoestradas, o corazón da parroquia está furado polas vías do tren. Angrois, pacificamente, vén demandando desde hai anos un pouco de seguridade para a aldea no medio de ferros, formigón, velocidade e a perda dalgún veciño. Fomos testemuñas do furar das máquinas e da inauguración do AVE.
Subidos ao palco de Angrois descubrimos que todo é mentira. En Galicia non hai AVE. Os trens penetran a velocidades lóstrego polo medio das casas sen máis medidas de seguridade que ao maquinista lle acorde frear antes de espetarse contra o noso palco. Logo de 60 viaxes polo mesmo lugar, parece que as vías de Angrois seguen sendo as mesmas que se construíron no século XIX e que se reformaron durante a ditadura. Iso si, as que veñen de Marrozos xa son do Ave. Pasamos de 200km/h a 80km/h, a metáfora perfecta de Galicia. E aínda temos que ver como tratan de crucificar a un inocente traballador para esconder a incompetencia de quen xestiona os cartos públicos.
O palco da aldea é humilde pero convoca aos veciños nun algo común que é difícil de explicarlle aos turistas e que se chama parroquia. O escenario da aldea foi escenario do inimaxinable. Pero aínda no peor dos casos sempre nos queda a esperanza de que apareza algunha superheroína galega para diminuír a traxedia. Si, as nosas superheroínas non van enfrascadas en traxes sexis, non; levan batas de cruzar e a permanente na cabeza. Alí se botaron cos seus homes e fillos ás vías, con palés, portas, mantas, auga, quads e toda canta cousa fose preciso. E, non, non precisan o recoñecemento do que son porque elas xa o saben, levan toda a vida a mirar por nós e non presumen diso aínda que estean orgullosas de saber ocupar o seu lugar.
Creo que a mellor foto que pode quedar na nosa memoria despois de sabermos o que pasou é esta, a do palco de Angrois e non as que usaron algúns xornais e que aínda non lle pediron perdón ás vítimas nin aos familiares por vulnerar a súa identidade e intimidade nos momentos máis dolorosos que alguén pode chegar a vivir. Pero non é máis que unha opinión, supoño que nos acabarán de convencer de que o maquinista é o mesmo Satanás e que o normal é que nas fotos saia moito sangue. Claro, senón non ten sentido que as AVES carroñeiras veñan sacar as súas fotos no medio dos ferros ensanguentados. Daquela non nos quedará máis que facer cousas como rezar, darlle un enfoque costumista á “Negra Sombra” ou cousas polo estilo. Iso si, seguiremos subindo ao AVE que non o é ou usando autovías mal construídas adrede por mandato das AVES.
Manuel de Topete
Subscrever:
Mensagens (Atom)
