Mostrar mensagens com a etiqueta A Estrada. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta A Estrada. Mostrar todas as mensagens

1/12/2015

O Tempo, hoxe!!!

10/27/2013

Ruta de sendeirismo polos montes de Sabucedo:::

Os montes de Sabucedo acolleron na mañá de hoxe a terceira ruta de sendeirimo que promove o Concello da Estrada neste outono. 40 persoas xuntáronse ao pé do Curro da Rapa das Bestas ás 10 da mañá para percorrer os 14 quilómetros do sendeiro. Saíndo da Carballeira do Medio a marcha atravesou os muíños da parroquia para subir polo mesmo escenario no que cada mes de xuño se xuntan as bestas para levalas á Rapa. Á volta o grupo desviouse por fermosas carballeiras e detívose no complexo arquitectónico dos muíños de Sabucedo. Os asistentes valoraron moi positivamente a fermosura que os foi acompañando durante todo o camiño, destacando as cores do outono e as agradables vistas sobre o val de Tomonde. A próxima das rutas será o 10 de novembro e sairá á mesma hora diante da Casa do Concello da Estrada.

4/14/2013

O buraco da Burga:::

Parece que este longo inverno non dá tregua. Hoxe locía o sol como había moitos meses que non viamos, aínda que xa volveu a chuvia para que non a botemos de menos. E os ríos continúan anegados, como mostra dos efectos secundarios de tanta auga caída estas fotos da pista que une Pontevea coa Burga, como se pode apreciar xa non é moi transitable...





1/26/2013

A Biblioteca da Estrada recibirá este ano 30.000 € para mellorar as súas instalacións:::

O Concello da Estrada vén de aprobar os orzamentos para 2013. Estes contemplan unha partida de 30.000 euros para a Biblioteca Municipal. Este investimento extraordinario diríxese á mellora do mobiliario (mesas, cadeiras, cortinaxes...) logo de que os usuarios da instalación denunciasemos as pésimas condicións deste espazo. Ante as primeiras queixas, o  Concello dixo que non ía investir diñeiro aquí pois prevía nun futuro non moi lonxano o traslado desta á "Casa das Letras". Como esta aínda non existe, insistiuse no tema cun texto de denuncia do día-a-día da Biblioteca Municipal que fixo calar nun pleno do Concello aos que rexeitaban interesarse polas dependencias da Biblioteca. Agora toca agardar a que as mesas-cadeiras e outros mobles volvan ser útiles e reclamar un mellor servizo por parte das persoas que atenden esta instalación.


12/12/2012

Aumenta o malestar dos usuarios da Biblioteca Municipal polo incumprimento dos horarios:::


Na tarde de hoxe, unha vintena de usuarios da Biblioteca Pública Municipal da Estrada facían cola agardando a apertura da mesma, 40 minutos se dilatou a espera ata que un operario municipal chegou ás instalacións da mesma. As queixas de lectores e estudantes están indo en aumento, pois esta situación non é nova e mesmo se repetiu varias veces nas últimas datas. Outra das protestas que teñen neste sentido é que a ventanilla de atención ao público non haxa ninguén durante longos períodos do día, indican que ás veces colga un eterno cartel de “volvo en media hora”. Á xestión do persoal na Biblioteca da Estrada súmanselles as sucesivas protestas polo estado de abando das instalacións que incluso chegaron ao pleno do Concello.

11/03/2012

A biblioteca:::

Sábado pola mañá, biblioteca municipal da Estrada. Na sala de lectura, os usuarios afánanse por aproveitar as tres horas en que esta permanece aberta (de 10.00h a 13:00h). Un opositor subliña unha e outra vez un dos artigos que ten que memorizar para poder ingresar no corpo da policía autonómica; dúas mozas contrastan datos nos seus portátiles e discuten en voz baixiña sobre os resultados dun problema matemático; un universitario analiza textos literarios... 
As mesas soportan o peso de décadas de apuntamentos, estragadas, algunha coxa... mentres as cadeiras xa non resisten o nivel de uso de tantos anos, unha raiola de sol entra sen preguntar polo medio dunhas cortinas que non lle impiden o paso pois levan tempo rotas. Todos se deslumbran, algún cambia de sitio. Unha mirada perdida detecta unha enorme mancha negra de humidade no teito, esa mesma mirada baixa cara aos andeis tratando de ler as etiquetas que xa perderon a tinta, máis abaixo unha táboa apoiada contra a ventá; outrora serviu para soster enciclopedias.
Comeza o ensaio da banda de música no piso superior, ao unísono escóitanse os suspiros dos derrotados escasos usuarios da sala.

A biblioteca da Estrada (21.759 habitantes) ten tan só 530 socios (2,44% da poboación), unha cifra que contrasta poderosamente coa de calquera outra biblioteca de similares características. Non é que as novas tecnoloxías alonxen aos usuarios das bibliotecas, máis ao contrario, en tempos de vacas fracas os lectores compiten por conseguir volumes nas bibliotecas que aumentan ata tres veces o número de usuarios.
As queixas dos da Estrada son tan vellas como xordos os oídos dos distintos políticos que teñen pasado polo consistorio municipal; a última delas chegou a pleno e tivo a mesma resposta que a música de espera dunha compañía telefónica; mentres non abran a "Casa das Letras" a biblioteca da Estrada seguirá en espera.
O "proxecto MEIGA" pretende que todas as bibliotecas públicas cataloguen vía informática os seus títulos para unha xestión máis eficaz das mesmas. Na Estrada hai persoal supostamente cualificado para desenvolver ese traballo, mesmo conta coa única funcionaria do grupo A que hai en bibliotecas municipais galegas, mais ese é un obxectivo que aínda non se conseguiu.
Todas as bibliotecas desenvolven un incesante labor de promoción do libro e da lectura; crean recunchos  moi cómodos e atractivos para os máis cativos, realizan actividades culturais e de promoción da lectura para todas as idades, etc. Na Estrada non. Como non, tampouco, chegan as novidades editoriais ao Edifício de Usos Múltiples da vila.

Algo vén pasando, entón, na capital do moble de Galicia para que o seu mobiliario non sexa renovado, para que a música desconcentre aos opositores ou para que o número de usuarios retrocedera a pasos axigantados. Non sería difícil dedicar esforzos municipais para acondicionar as salas, dinamizar e non dinamitar a biblioteca e que os usuarios volvesen ao 104 da Avenida de Benito Vigo. Non se trata de diñeiro, senón de disposición e interese.





6/26/2012

Mira ti...

Mira, ti... tantos anos sen poñer unha orquesta na Porta do Sol... e xustamente este ano póñena...

Eu non é por atar cabos... pero hai imaxes que o din todo...

6/16/2012

Accidente na Estrada:::


Na tarde de onte houbo un accidente na rúa número 20 da Estrada, na altura en que esta se cruza coa Avenida de Antón Losada Diéguez mediante unha rotonda, o vehículo azul, un Renault Clío, rematou nun solar próximo. A policía local cortou a Rúa Número 20 mentres unha ambulancia trasladou aos feridos e os guindastres retiraron os turismos implicados.

6/13/2012

A Torre de Guimarei:::


SALVEMOS A TORRE DE GUIMAREI (A ESTRADA- PONTEVEDRA).
A torre de Guimarei, declarada Ben de Interes Cultural, leva anos en estado semirruinoso. Os propietarios non fixeron nada, incumprindo a lei que di que 'os propietarios dun BIC tendran obriga de facilitar inspeccion, vista pública e investigación'. As autoridades non fixeron nada por mellorar o estado do monumento nin para facilitar a visita deste. A torre de Guimarei, do século XII, e o pazo pegado no século XVII, forman un dos elementos patrimoniais máis importantes da bisbarra. Os donos do mesmo non fixeron nada para restauralo, a pesar de que todo propietario dun BIC pode recibir axudas económicas e privilexios fiscais.
Están facendo unha campaña popular para defender un símbolo estradense e un edificio histórico galego. Así, pedenlle aos donos que recapaciten e que poñan todo o empeño en protexer a torre de Guimarei, e ás autoridades que actúen para conservar e abrir ao público un conxunto arquitectónico e histórico que debe pertencer ao patrimonio común.

5/19/2012

Xoan Curiel, onte na FAROLA!!!:::

Non che pensei eu que houbese unha canción dedicada a unha bosteira... a inspiración sen límite!!! Arriba as cachenas da Ghudiña!!!

5/05/2012

Para non se perder:::

4/28/2012

CEA AMERICANA:::

Foi no Argentinos Burguer que segue coas súas iniciativas internacionais... desta volta EE.UU. Este foi o menú;
para beber... a auténtica BOYLAN COLA de New Jersey

o prato forte é a famosa KRASTYBURGUER
de postre... unha especie de batido de chocolate

4/21/2012

A Estrada cubanéase:::


Estes nosos ghobernantes teñen unhas ideas ben curiosas, ao tradicional lumeiro, o día de empece das festas da Estrada vanlle dar un aire ben exótico... non terían días no ano...
O caso é que pretenden converter a Praza da Farola nunha praza cubana, coa súa apoloxía ao alcol correspondente, xa se poden ir preparando os veciños desas rúas para ir collendo o sotaque de Gloria Estefan...

4/05/2012

Santas Tapas:::

Estes días de Semana Santa, na Estrada a hostelería celebra unha iniciativa que, aparentemente, está a ter éxito. As Santas Tapas; hai que ir de bar en bar -por nove que son o total de locais adheridos á campaña- para probar as súas propostas e votar. Se os visitas todos tes a posibilidade de entrar no sorteo de agasallos.


7/02/2011

sabucedeando:::