O Concello da Estrada vén de aprobar os orzamentos para 2013. Estes contemplan unha partida de 30.000 euros para a Biblioteca Municipal. Este investimento extraordinario diríxese á mellora do mobiliario (mesas, cadeiras, cortinaxes...) logo de que os usuarios da instalación denunciasemos as pésimas condicións deste espazo. Ante as primeiras queixas, o Concello dixo que non ía investir diñeiro aquí pois prevía nun futuro non moi lonxano o traslado desta á "Casa das Letras". Como esta aínda non existe, insistiuse no tema cun texto de denuncia do día-a-día da Biblioteca Municipal que fixo calar nun pleno do Concello aos que rexeitaban interesarse polas dependencias da Biblioteca. Agora toca agardar a que as mesas-cadeiras e outros mobles volvan ser útiles e reclamar un mellor servizo por parte das persoas que atenden esta instalación.

Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: