
Un señor que vai en coche e decátase de que está perdido, manobra e pregunta a alguén na rúa:
- ¡Desculpe!, podería vostede axudarme? quedei ás 2:00 cun amigo, levo media hora de atraso e non sei onde estou!
- Claro que si contesta- atópase vostede nun coche, a uns 7 Km. do centro da cidade, entre 40 e 42 grados de latitude norte e 58 e 60 de lonxitude oeste.
... - É vostede enxeñeiro, verdade? -di o do coche
- Si señor, sono. Como o adiviñou?
- Moi sinxelo, porque todo o que me dixo é "tecnicamente correcto", pero "practicamente inútil": continúo perdido, chegarei tarde e non sei que facer coa súa información.
- Vostede é político, verdade? -pregunta o da rúa.
- En efecto -responde orgulloso o do coche- como o soubo?
- Porque non sabe onde está nin cara a onde se dirixe, fixo unha promesa que non pode cumprir e espera que outro lle resolva o problema. De feito, está vostede exactamente na mesma situación que estaba antes de preguntarme, pero agora, por algunha estraña razón parece que a culpa é miña....