
Cando o sol apreta tod@s buscamos un sitio á sombra, pero... de onde vén a sombra?, quero dicir a palabra sombra! Ten a súa curiosidade porque os latinos falaban de UMBRA e daí vén a nosa sombra pero COMO? Moitas linguas dino aínda así hoxe pero nós non, na Península Ibérica metéuselle un ese que seguramente (segundo Corominas é así) veña da palabra "sol", porque sen sol non hai sombra...
xa sei de onde vén iso de tachar todo o texto do blog, hoxe metín o símbolo de menor e menor nesta entrada e tachou todo dende aí. logo borreino e desapareceu. Non poñades símbolos de diñeiro nin maiores nin menores que esta cousa non a entende...
ResponderEliminar