1/26/2010

abracadabra:::


Esta palabra apareceu cara ao século II da nosa era, inscrita en amuletos, e críase que posuía certas calidades máxicas. O nome tomouse da palabra grega abraxas, que designaba un amuleto no que o termo latino abracadabra aparecía once veces, cada vez cunha letra menos ata terminar cun a.

O uso destes amuletos era común na secta dualista dos gnósticos —crían nun deus e un demo igualmente poderosos—, que pensaban que a salvación podía ser obtida mediante o coñecemento esotérico, a que chamaban gnose. Esta secta foi fundada no século II por Basílides, un profesor da Universidade de Alexandría, quen postulaba a existencia de Abraxas, un ser que el vinculaba ao culto ao Sol. Ás sete letras gregas de abraxas atribuíanselles números, cuxa suma guindaba un total de 365, a cantidade de días que a Terra tarda en percorrer a súa órbita.

Lingüístas ingleses sinalan que o vocábulo latino se pode orixinar na expresión aramea abhadda kedabrah, que significa 'desintégrate (un mal ou unha enfermidade) como esta palabra'.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: