
A Consellería de Educación deixa de cubrir as baixas de profesorado en Galicia. Hoxe comeza a campaña electoral de cara ás vindeiras eleccións municipais. Moitas persoas que participan nas candidaturas e que son profosores e profesoras piden estes días para realizar o seu labor. Estes permisos outórgaos a administración por lei, cubrindo os seus postos con persoal substituto. Nestas eleccións, por vez primeira, a Xunta de Galicia deixou de enviar profesorado aos centros, deixando sen atender milleiros de escolares durante máis dun mes. As malas voces apuntan a que non volverán cubrir baixas no que queda de curso, como se quedase pouco; dous meses. Tempo en que se deixará de dar clase, fronte aos principios básicos que marca a constitución española; o dereito ao ensino.
Os sindicatos protestan, ninguén lles fai caso. A administración cala, entende que esta é unha medida de aforro económico. Non pensou aínda en aforrar en gastos innecesarios na propia consellería...
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: