11/11/2012

E O WATHSAPP TAMÉN FALA EN GALEGO:::


Grazas aos movementos das redes sociais, especialmente no Twitter, ao wathsapp xa lle queda menos para “normalizarse” en Galicia. A primeira proposta foi que a xente “piara” (fixese comentarios) no twitter para promover a tradución do inglés ao galego deste sistema de mensaxería instantánea vía móbil-internet . O éxito foi inmediato e agora xa se pode colaborar na tradución dun xeito comunitario en: http://translate.whatsapp.com.
Seguindo os pasos que se indican, hai que ir vendo as distintas expresións e as opcións de tradución que aportaron na comunidade, estas serán as que o sistema empregará cada vez abramos o wathsapp.
Esta iniciativa non é nova, na actualidade as vías de “galeguización” sobre todo de aparellos e sistemas informáticos non contan coas axudas públicas pertinentes, mais si coa colaboración dos usuarios que están a normalizar o galego nestes ámbitos.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: