11/11/2012

EUROPA SUSPENDE A POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA:::


O Comité de Ministros do Consello de Europa aprobou unha serie de recomendacións para que o estado español cumpra as bases da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, trala análise das políticas lingüísticas levadas a cabo nos últimos anos en España. O Comité aprobou a xestión da administración no caso do catalán e do euskera, pero suspendeu as políticas exercidas contra o galego nos últimos anos.
O aspecto no que máis se fixa este informe é na profunda “desgaleguización” do sistema de ensino en Galicia e a destrución das estruturas normalizadoras coas que se contaba desde que comezou o período democrático. O Comité destaca que non haxa nas escolas lugar á inmersión lingüística e que non se garantan os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: