Cada vez son máis as empresas galegas que
toman conciencia da necesidade de mellorar a súa imaxe idiomática. Así é que os
procesos de etiquetaxe, rotulación e publicidade que se viñan facendo en
castelán por “prestixio” ou falta de conciencia lingüística están a mudar
nalgunhas entidades.
Larsa vén de presentar unha campaña de etiquetaxe dos seus produtos onde
pretenden identificarse con Galicia e coa xente normal da rúa. Nunha entrevista
recente destacaban que se pretenden venderlle leite galego aos galegos, que
mellor que facelo no idioma que nos une.
Por outra banda,
A MESA pola Normalización lingüística vén de anunciar que varios medios de
comunicación se sumaron ao seu proxecto “abertos ao galego”, un certificado que
acredita o compromiso social desas entidades coa lingua galega. Pero non só son
os mass media os que están aí; hai
centos de empresas de todo tipo nesta iniciativa.
A etiquetaxe e
promoción de produtos artesanais tamén vai tomando conciencia da necesidade de
empregar a lingua galega; “Se queremos dicir que está feito aquí en Galicia e o
promocionamos noutro idioma perdemos a credibilidade”.
As adegas
galegas, sobre todo aquelas que exportan viño, xa hai tempo que o teñen claro:
“A xente paga máis por un viño se está etiquetado en galego, enténdese que é
xenuíno de Galicia, ten máis calidade deste xeito”
A cadea galega de
comercialización de produtos alimentarios Gadisa
iniciou hai anos a campaña “Vivamos en
galego” de xeito bilingüe galego-castelán. De contado desbotaron a opción
de emitir anuncios en castelán “facer un anuncio onde presumimos de ser galegos
en castelán é un pouco contraditorio”
E non só é na
“imaxe externa” onde aumentou a presenza do galego. Hai empresas que comezan a
redactar os seus estatutos, contratos laborais, rotulacións internas en galego,
como é o caso de Larsa que desde 1991 no seu convenio laboral mesmo recoñece os
dereitos lingüísticos dos traballadores explicitamente.

Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: