…regalo,
agasallo, galano e obsequio son sinónimos?
Todos veñen a facer referencia a quilo que
se lle dá a alguén como mostra de afecto ou agradecemento. Regalo
vén do francés (Régaler, de galer divertirse), agasallo
do xermánico gasalia (chegou a nós pola forma latina AGGASALIARE),
galano
tamén ten orixe xermánica (wale-riqueza que pasou ao francés
antigo gale e de aí ás linguas románicas) e obsequio
é un composto latino OBSEQUIU (OB -a cambio de- e SEQUI -seguir).
Todos eles foron agasallos para a nosa fala!
O
turrón vén do catalán torró?
O que non se sabe a ciencia certa é e ese vocablo ten orixe na forma
terra
(pola forma compacta deste alimento) ou en torrar
(polo proceso de elaboración) Este catalanismo está moi presente
estes días na nosa lingua, así que “Bo proveito!”
É
un exorcismo?
En orixe (grego EXORCISMÓS) era a acción de facer prestar xuramento
en nome de Deus, en latín xa se adaptou como EXORCISMOS co
significado de “conxuro contra o demo” En galego actual mantense
a forma e significados latinos e xerouse o verbo exorcizar
para facer referencia á acción de provocar un exorcismo.
Valadares
ten orixe na pedra e na terra?
Este topónimo vigués fai referencia a un valo artificial composto
por estes dous elementos, o mesmo lle pasa a Valo,
Valos,
Valado
ou Valadar.
Se ese “valo” fose de elementos vexetais (estacas) teriamos
Baralla
(VARALIA) que compartimos co portugués Baralha
e castelán Baraja/-s.



Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: