7/04/2008

EN MENUDA SE METEU O PEREIRO


Óscar Pereiro, Luz Casal e outros metéronse nunha boa, asinaron un manifesto a favor de "la lengua de España" sen lelo en profundidade e meténdose onde non debían; no asador do nacionalismo español... O de Mos responde en vieiros a unhas preguntiñas onde se ve que non se entera de moito porque di que non quere que se impoña o galego na escola pero que el lle vai esixir ao seu fillo que fale galego ou que quere que haxa un mínimo do 50% en galego... entrade aquí e lede...
http://www.vieiros.com/nova/67602/non-estou-de-acordo-con-que-nos-colexios-sexa-obrigatorio-o-uso-do-galego
"Non estou de acordo con que nos colexios sexa obrigatorio o uso do galego"
Xunto con outra figuras públicas do noso país, acaba de asinar o 'Manifiesto por la Lengua Común', que impulsa o xornal 'El Mundo' en defensa do castelán. O de Mos explica para Vieiros os seus motivos.

1 comentário:

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: