11/11/2008

IN MEA MEMORIA



"era a Semana Santa e logo de apagar as candeas e contar os cartos da bandexa fun para a sacristía, o cura xa estaba listo para marchar pero acostumaba a deterse en conversas que ían moito máis alá do divino e do humano. Estaba contento porque alguén o felicitara porque vira que na Estrada a xente ía ás celebracións daquelas festas e non coma noutras vilas do estilo de Viveiro onde ninguén ía ás misas pero todos se locían nas procesións.

Eu era ben pequeno e non coñecía nin sequera as procesións da Estrada. O meu anaco de universo era Ouzande e acordoume un dito popular que espetei no medio daquela conversa de maiores...

-É que na Estrada a procesión vai por dentro

Todos riron. Don Manuel tamén. Lémbroo ben. In mea memoria quoque."

Ouzande, 11 de defuntos de 2008

3 comentários:

  1. Poriso JESÙS dise venham amim os pequeninos, por que eles heredarão o reino dos CÈUS.
    Manuel, que singelezá, que pureza, só um coração puro e uma mente que aínda não cnhecem a maldade pronuncíam palavras tão belas.
    Meus parabens.
    um abraço de Manolo de Cabanas.

    ResponderEliminar

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: