11/24/2008

diferentes

seica lle temos medo ao que non é igual ao dun, non todos os racimos teñen as uvas iguais. cústanos unha uva respectar o que non se parece ao que nos gusta pero cómpre ver que todos e todas somos raros e raras.
este é un convite para que vexades as uvas da cor da que realmente son e non harmonicemos todos baixo un cromatismo unificador e empobrecedor, no mundo hai moitas linguas coma para traducir todo ao inglés ou ao castelhano, no mundo hai moitas opcións de vida, moita música, moitas persoas, moitas cores...
un desexo... que non teñamos que ir ao oculista

2 comentários:

  1. que non sirva de precedente, pero gustoume esta reflexión. penso que tes razón.

    ResponderEliminar
  2. comparto tamén.. (a foto é chula)

    ResponderEliminar

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: