
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos celebra o 10 decembro o seu 60 aniversario. O feito de seren estes dereitos recoñecidos debémolo, en gran medida, aos milleiros e milleiros de persoas que se sacrificaron e mesmo deron a súa vida por facelos realidade
Os homes construímos demasiados muros e non suficientes pontes.
Isaac Newton
(1642-1727) Matemático e físico británico.
Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño.
Mahatma Gandhi
(1869-1948) Político e pensador indio.
Cando me preguntaron sobre algún arma capaz de contrarrestar o poder
da bomba atómica eu suxerín a mellor de todas: A paz.
Albert Einstein
(1879-1955) Científico alemán nacionalizado estadounidense.
A paz comeza cun sorriso.
Nai Teresa de Calcuta
(1910-1997) Misioneira iugoslava nacionalizada india.
Non basta con falar de paz. Un debe crer nela e traballar para conseguila.
Eleanor Roosevelt
(1884-1962) Defensora dos dereitos sociais,
O mantemento da paz comeza coa autosatisfacción de cada individuo.
Dalai Lama
Se non estamos en paz connosco mesmos, non podemos guiar a outros na
procura da paz.
Confucio
(551 AC-478 AC) Filósofo chinés.
Se queremos un mundo de paz e de xustiza hai que pór decididamente a
intelixencia ao servizo do amor.
Antoine de Saint-Exupery
(1900-1944) Escritor francés.
A paz é para o mundo o que o fermento para a masa.
O Talmud
Se queremos gozar a paz, debemos velar ben as armas; se depomos as
armas non teremos xamais paz.
Marco Tulio Cicerón
(106 AC-43 AC) Escritor, orador e político romano.
A paz máis desventaxosa é mellor que a guerra máis xusta.
Erasmo de Róterdan
(1469-1536) Humanista neerlandés.
En asuntos internacionais, a paz é un período de trampas entre dúas loitas.
Ambrose Bierce
(1842-1914) Escritor estadounidense.
Nunca leves os teus mellores pantalóns cando saias a loitar pola paz e a
liberdade.
Henrik Johan Ibsen
(1828-1906) Dramaturgo noruegués.
Todos queren a paz, e para asegurala, fabrican máis armas que nunca.
Antonio Mingote
(1919) Debuxante e humorista español.
Hai algo tan necesario como o pan de cada día, e é a paz de cada día; a
paz sen a cal o mesmo pan é amargo.
Amado Nervo
(1870-1919) Poeta, novelista e ensaísta mexicano.
A primeira condición para a paz é a vontade de lograla.
Juan Luís Vives
(1492-1540) Humanista e filósofo español.
Se queres a paz, non fales cos teus amigos. Falas cos teus inimigos.
Moshe Dayan
(1915-1981) Militar e político israelí.
Existe unha tentación extremadamente sutil e perigosa de confundir a paz
coa simple ausencia de guerra, como estar tentados de confundir a saúde
coa ausencia de enfermidade, ou a liberdade co non estar preso. A
terminoloxía é ás veces enganosa. Por exemplo, a expresión "coexistencia
pacífica" significa ausencia de guerra e non verdadeira paz.
Dominique Pire
(1910-1969) Sacerdote e sociólogo belga
Máis vale unha paz relativa que unha guerra gañada.
María Teresa I de Austria
(1717-1780) Emperatriz do Sacro Imperio Romano Germánico.
A paz obtida na punta da espada, non é máis que unha tregua.
Pierre Joseph Proudhon
(1809-1865) Filósofo francés.
Ou camiñamos todos xuntos cara á paz, ou nunca a atoparemos.
Benjamin Franklin
(1706-1790) Estadista e científico estadounidense.
Ata a paz pódese comprar a un prezo demasiado alto.
Benjamin Franklin
(1706-1790) Estadista e científico estadounidense
e esa foto que puxeches na cabeceira, de onde a quitaches?
ResponderEliminarpodes facer un concurso coa mellor frase sobre a paz...
ResponderEliminarxa me enterei de onde quitaches a foto...ladrón!!!
ResponderEliminarCAL É O PROBLEMA???
ResponderEliminarse queredes facemos un concurso, enviade as vosas frases...
ResponderEliminarnosas ou de alguén?
ResponderEliminarpa min ningún, pero como a mulherinha se che cabree...
paz, familia tpt, paz ...(eu non me cabreo que xa tou afeita...)
ResponderEliminarUnha frase: "O sabio sigue o sendeiro do ceo, que actúa sen violencia e acaba por vencelo todo” Lao Tse (c.570-c.490a.C.) Filósofo chino
ResponderEliminarXA TEMOS DÚAS FRASES PA O CONCURSO;
ResponderEliminarMULHERINHA
paz, familia tpt, paz ...
CURRACHO
"O sabio sigue o sendeiro do ceo, que actúa sen violencia e acaba por vencelo todo” Lao Tse (c.570-c.490a.C.) Filósofo chino
Esta non é unha frase propiamente dita, é un cacho dunha canción de lodvg que vai sobre a paz:
ResponderEliminar"si el honor y la victoria valen más que las personas es que no hemos aprendido nada"
aí vai outra, esta é de Juanes:
ResponderEliminar"mientras miles se mueren de hambre
los lideres compran arsenales
y asi, siembran dolor"