FARO DE VIGO, edición Tabeirós-Terra de Montes 04-12-08
ANA CELA / A ESTRADA Na década dos noventa o boom de Internet fixo xerminar o termo "autoestrada da información", elemento un tanto virtual capaz de permitir a transmisión de datos, de información á fin e ó cabo, entre unha grande cantidade de sitios e persoas. Retrocedendo aínda máis no tempo, a comunicación entre os distintos puntos da parroquia estradense de Ouzande articulábase hai anos, ao igual que sucedía en moitos outros sitios, a través dunha ramificación de "carreiros" xurdidos dun vial principal. Foron estes o termo escollido pola Asociación Cultural "A Fervenza" para bautizar a súa publicación anual, unha revista que agora cumpre 7 anos e que naceu para vertebrar a comunicación a pequena escala, a nivel parroquial, recollendo os feitos e protagonistas que marcan a actualidade neste enclave do rural de A Estrada.
Laura Rosende, Noelia Bouzón, Manuel Rosende, Xabier Camba e Rosa Herráiz compoñen o consello de redacción de "Carreiros", xurdida en 2002. O seu labor de investigación, de redacción e deseño permitiu converter a esta revista en voceiro dunha asociación que dinamiza a vida cultural e social de toda a parroquia. "En Carreiros queremos escribir sobre nós, sobre ás persoas que cada día van construíndo a pequena historia colectiva. Ás nosas persoas, desta vez, son vos nos vos veciños e veciñas, que nos dan algo e queremos devolvérllelo,", sinala o editorial do sétimo número desta publicación estradense.
Os artífices deste proxecto editorial téñense que reunir cada vez con maior antelación, tendo en conta que o volume de información que manexan en cada número é maior que no anterior. A súa liña editorial marca a inclusión en cada edición dunha entrevista, un resumo de actividades e imaxes antigas, algo que os veciños, sobre todo os de maior idade, aplauden mentres máis dun intenta recoñecerse nas instantáneas. O deseño e a maquetación, obra de Rosa Herráiz, é outra das súas pegadas de identidade. Cunha tiraxe de 350 exemplares, o lector pode deleitarse coa investigación dedicada aos emigrantes ouzandeses "Memoria dá emigración", coas entrevistas ao xinete Miguel Carbajal e á astrónoma Lorena Nieves ou coa memoria fotográfica de festas dos 60.
moi chulo o artigo de Ana Cela (na edición impresa aínda está mellor, coa foto de isabel de xacobe mirando a revista)
ResponderEliminar