
ide preparando as vosas votacións, esta é a base:
só se pode facer unha votación, hai que escribir un comentario nesta entrada dicindo a quen lle votas e o motivo, unha vez que o escribas vas ao apartado da dereita no que formalizas o voto no gráfico.
entran en concurso os seguintes blogs:
mulherinha.blogspot.com
margosinha.blogspot.com
lauratpt.blogspot.com
baldosasamarelas.blogspot.com
manueldetopete.blogspot.com
se queres que o teu blog participe avisa antes de que haxa votacións realizadas. o prazo remata o vindeiro luns día 12 de xaneiro.
grazas pola túa participación
Anda, menos mal, estes días non veía o clic para poñer comentarios, hehehehe........
ResponderEliminarVexo que as votacións seguen a cero, así que vou estrealas..........
hummmmmm, teño que pensar aínda os motivos........
eu xa o teño decidido, en breve póñoa que tou pensando tamén os motivos... aínda que hai motivos bos pa votar todos...
ResponderEliminareu vótolle ao topetiño, porque foi a mente pensante do concurso de nadal, pero ata que remataron as festas, non puxo nada novo!!! ole!!!!
ResponderEliminarxa ves, coa wifi da de topete...
ResponderEliminarviva a estraghada dixital!
En próximos concursos consensuaremos as bases, desta volta improviseinas eu, son un pouco experimentais sobre todo niso de ter que escribir os motivos e que non sexan secretas, polo que vexo non vos chista moito. pero dádelle tempo que ao mellor sorpréndevos o resultado. se non vos gusta facémola secreta e podendo votar a cantos concursantes queiramos.
ResponderEliminaride pensando na decoración dos blogs para a primavera (douvos tempo)ou preferides decoración de entroido? opinade que aínda que eu censure vós podedes escribir o que queirades...
ala, non vos estresedes, actualizádevos e opinade; é un xeito de fomentar a espontaneidade e a creatividade...
salutem topetibus
ola tpt!! estou dacordo contigo en que hai motivos para votar a calquera pero o meu voto vai para mulherinha por unha decoración minimalista do seu blog que amosou a chegada do Nadal sen agochar a intencionalidade coa que naceu dito blog.
ResponderEliminarAí queda. Saudiños dende Cora
Mellor decoración de antroido.É máis divertido, heheheheh
ResponderEliminarE xa que non é moi ético que vote polo meu blog, (hehehehe), pois vou votar polo blog de margosiña, polo traballo que pasou co debuxo, ala, pois ahí queda eso.
ResponderEliminaragora vai o meu, eu vótolle ás baldosas amarelas por introducir o efecto neve, poñer luces e a animación na que aparece cleo, ah, e o encabezado. vamos que está completiño.
ResponderEliminarbur
pois eu vótolle a laura tpt porque non ten ningún voto... e así empatamos
ResponderEliminarghracias pola compasión...
ResponderEliminar