6/29/2009

ABUR:::

NACE unha nova sección neste blog... PALABRAS
Con ela vou falar daquelas palabras que son curiosas ou me chaman a atención
hoxe tócalle a ABUR!!!!

chegou ao galego do euskera AGUR, pero non é plenamente vasca porque aló tomárona do latín AUGURIU, que xa nos soa máis, a augurio, agoiro... pois é iso. Usábase coa idea de desexar bos augurios, fixádevos como din os italianos... AUGURI!
Os clásicos tiñan o augur que era o encargado de interpretar as vontades dos deuses, miraban as aves, os ventos, as vísceras... pero non vos enredo máis Ves como sabes?
ABUR!!!!

1 comentário:

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: