6/25/2009

INICIATIVA POLA LINGUA::::


> > CARTA DA POETA MARÍA REIMÓNDEZ

Amigas e amigos:
> >
> >
> > Creo que a ninguén lle fai falta explicar a situación de gravidade extrema
> > na que nos atopamos con respecto ao noso idioma e a nosa cultura. As
> > persoas
> > que me coñecedes sabedes que son pouco tendente a agoniar e moito máis
> > tendente a actuar. Por iso creo que, despois de escoitar e observar tanto
> > despropósito debemos deixar de agardar que outr@s fagan por nós e tomar a
> > iniciativa. De aí a razón deste correo.
> >
> >
> > Hai xa días que veño escoitando voces que pensan o mesmo ca min (Rivas,
> > Cordal, Fernández Paz, entre outr@s) e é que cómpre mobilizar á sociedade,
> > sobre todo aquela galegofalante que mantivo ata o de agora a lingua viva
> > pero que segue participando dos prexuízos que se instalaron con desprezo e
> > co mecanismo terrible de facer sentir vergonza permanente do propio. É
> > tempo
> > de mobilizar ese grandísimo sector da poboación para calar mentiras e para
> > desbloquear esta situación na que nos atopamos de agresión á lingua sen
> > precedentes na democracia.
> >
> >
> > As ideas poderían ser moitas, envíovos a miña agardando que deste xermolo
> > poidamos tirar os primeiros pasos para este grande movemento que
> > precisamos.
> > A miña idea (obviamente gandhiana) é que baixemos a pé de obra facer o que
> > ninguén fixo: debater, falar, cambiar mentalidades. Así, gustaríame poder
> > organizar convosco unha grande MARCHA POLA LINGUA que percorrese a partir
> > de
> > agosto, pouco a pouco, con accións de diversa índole, as aldeas e vilas de
> > Galicia. O obxectivo da marcha sería establecer un diálogo verdadeiro, sen
> > partidismos nin mediacións da prensa, coa cidadanía. Escoitando e tamén
> > falando, desfacendo preconceptos e tentando reinstaurar o orgullo do
> > propio
> > dun/has galegofalantes longo tempo desprezad@s por parte de certos
> > colectivos urbanos que agora toman a palabra. Concibo a marcha como un
> > acto
> > en positivo, no que debe de primar sobre todo o AGRADECEMENTO a todas as
> > persoas que conservaron e conservan a lingua dunha forma anónima e sen as
> > cales non poderiamos cantar, nin escribir, nin facer teatro, cine... Esas
> > persoas se cadra precisan un recoñecemento para moverse, para sentir
> > orgullo, para non asumir como sempre se nos dixo, que o galego é cousa ?de
> > pailáns?. Iso que tan ben saben repetir e amplificar con novos discursos
> > dende as instancias de poder actual.
> >
> >
> > É hora de facernos valer tamén como xente que traballamos coa lingua dende
> > diversas facetas. Todo o mundo é benvido e por iso me gustaría contar con
> > vós, coas vosas ideas e arte para fomentar a conciencia crítica. Podemos
> > utilizar centos de recursos que combinados poden cambiar este país, dende
> > compartir e recoller música (mesturar cos novos estilos, co popular...) ou
> > léxico ata facer da retranca o noso estandarte (podemos facer un enterro
> > da
> > lingua retranqueiro, publicar o seu obituario nos xornais que tanto fan
> > por
> > esmagala, contar contos), dar a coñecer á cidadanía os moitos logros que
> > se
> > fan dende o galego e que non se visibilizan. Xunt@s podemos chegar
> > realmente
> > á cidadanía, axitar a prensa que por unha vez se interesa desgraciadamente
> > por este tema e falar coa nosa voz alta e clara.
> >
> >
> > Para comezar a cohesionar esta idea gustaríame que nos vísemos en
> > Compostela
> > o día 2 de xullo para comezar a andar, e debater as ideas base que
> > queremos
> > defender e como imos facelo. Dende o meu punto de vista, os obxectivos
> > deberían centrarse en temas como:
> >
> > -galegofalantes non somos minoría
> >
> > -a democracia non é impoñer o que queren os colectivos con poder (sexan
> > por
> > razón de lingua, sexo, orientación sexual, relixión, clase, etc) senón
> > crear
> > un lugar onde todas as persoas poidan desenvolverse en igualdade
> >
> > -a defensa do idioma galego non é unha imposición senón un dereito, sobre
> > todo na educación e na administración.
> >
> > -a única lingua que se impuxo e impón é o castelán
> >
> > -o galego é riqueza, é pensar en diversidade fronte a un pensamento único
> > que está directamente vinculado ao fascismo
> >
> > -o galego únenos a miles de pobos dado que somos unha maioría a nivel
> > mundial as persoas que vivimos en entornos plurilingües, por moito que
> > pareza o contrario (de feito tende a dicirse que Portugal é o único país
> > monolingüe polo menos de Europa e nós sabemos que nin iso é certo).
> >
> >
> > Gustaríame aclarar finalmente tamén que o meu papel en todo isto non é
> > máis
> > que o de tentar catalizar o que todas e todos nós queremos e podemos sen
> > dúbida conseguir e o de se cadra dar os primeiros pasos no camiño. A miña
> > experiencia no traballo en cooperación dime que esta é a vía do cambio, a
> > que temos que seguir. E se non funciona prefiro polo menos dicir que o
> > intentamos.
> >
> >
> > Se estades minimamente de acordo con todo isto e queredes dar as vosas
> > ideas, participar, sacar a rabia que levamos dentro de xeito creativo, por
> > favor contestade e espallade este correo. Contestade dicindo a que hora
> > poderiades quedar o día 2 a ser posible antes do día 28 de xeito que
> > poidamos buscar un lugar axeitado para vernos dependendo de canta xente
> > sexamos. Porque as ameazas son tamén oportunidades, comecemos a andar o
> > camiño da esperanza.
> >
> > María Reimóndez
> > mreimondez@gmail.com

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: