8/16/2009

carpaactiva en ouzande


Por vez primeira na historia, unha actividade do concello da estrada desembarca en ou... trátase do circo ambulante CARPAACTIVA, toda a información na páxina do concello:

http://www.aestrada.com/c/portal_public/layout?p_l_id=1.4&p_p_id=portlets_WAR_VisorContenidos&p_p_action=1&p_p_state=normal&p_p_mode=view&contenidoID=77bfdd804d803210VgnVCM1000004100a8c0RCRD

31 de agosto
Ouzande
Campo da festa
Peter Punk: Peter Punk
Circo Expresso: Un Día de Praia

Peter Punk é un malabarista que xa participou na anterior edición de carpactiva. Peter Punk xoga en escena co seu público, co cal interactúa mediante os obxectos que vai extraendo da súa maleta. No seu espectáculo, amosa a súa destreza coas bolas, mazos, aros, globoflexia... para rematar cun final que inclúe fachos de lume.


Circo Expresso é unha parella internacional de circo-teatro que combina hula-hoops, cordas, e quizais o máis espectacular e que distinguirá esta edición da Carpactiva: o trapecio, unha estrutura de sete metros de alto que este ano obriga a prescindir da tradicional carpa. Levan desde 2004 actuando por todo o mundo, e o seu prestixio é recoñecido.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: