
se picades aquí
http://www.hotelformule1.com/formule1/index.html
podedes entrar na web dos hoteis nos que me aloxei por francia. Son deses hoteis do futuro onde aforran en persoal e todo é de autoservicio, para se convertiren en competentes economicamente e seren clasificados de low-coast coma ryanair...
A cuestión é que podían ser cutres, e seguramente alguns o sexan... pero onde estiven eu a experiencia foi boa, os baños e duchas están nos corredores, pero hai moitos e son autolavables polo que todo está ben limpo. Os cuartos son tipo albergue pero con moita calidade, bos colchóns, sabas limpas, enchufes para os cargadores, tv, lavabos, toallas... o mellor é a limpeza que hai en xeral. o persoal pouco pero moi atento a pesar de ser francés. ah, se pides o almorzo custache un pouco máis pero paga a pena pq é de buffet (vamos, autoservicio) pero non escatiman en cantidade, e a calidade non é marabillosa, pero tampouco demasiado cativa. Vamos que para viaxar cómodo e barato FORMULA 1, están nas aforas das cidades, preto dos aeroportos e dos centros comerciais, polo que é fácil certar con eles e o mellor é que teñne parquin gratis e pechado, posto que este país gabacho non é moi seguro (parece mentira que haxa cidades máis perigosas que en italia...)
xa poñerei fotos dalgun nos que estiven eu porque estas son de internet e son malas, onde me aloxei eu teñen mellor pinta que este que non sei de onde é...
ResponderEliminar