9/02/2009

ESCOLAS DE IDIOMAS:::


WWW.XORNAL.COM publica este titular
As escolas de idiomas ameazan a Educación con folgas e dimisións
podes ler o manifesto neste enlace
http://www.eoilugo.com/images/pdf/manifestoeoi.pdf
a noticia é esta:
Os directores das once Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) de Galicia convocarán claustros para “o 31 de agosto ou o 1 de setembro” co obxectivo de “informar ao alumnado e a todo o profesorado” destes centros e “presionar todo o posible” para lograr que a Consellería de Educación retire a circular que amplía o horario destes docentes, segundo explicou Esperanza Moreiras, directora da EOI de Santiago.
Para iso, contemplan “desde folgas ata a dimisión dos equipos directivos”, asegurou. Os representantes dos once centros amosaron onte a súa oposición á decisión da consellería de ampliar de tres a catro os grupos de alumnos por profesor que, segundo denunciaron, provocará a “supresión de postos de traballo” e o “deterioro da diversificación na oferta educativa”. Ademais, replicáronlle ao director xeral de Educación, José Luis Mira, que a EOI da Coruña é a única que ten os cinco cargos directivos sen docencia, “porque ten 4.600 alumnos e hai que xestionalos”, afirma Moreiras. Así como as de Santiago e Vigo, con 6.500 e 7.000 estudantes, que teñen os seus directores sen docencia. Moreiras engadiu que, aténdose á lei, a EOI de Santiago debería ter “doce administrativos, un por cada 350 alumnos”, para a correcta xestión do centro. Na actualidade, Santiago ten tres e Vigo, catro, por exemplo.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: