9/09/2009

folga das EOI ou dos erros da consellaría de educación:::


Hoxe comeza a folga das Escolas Oficiais de Idiomas de Galiza. Os motivos son moitos e variados, pero todos repercuten na merma da calidade do ensino de idiomas estranxeiros no noso país. A Consellaría enviou unha circular en xullo (período estival para que pasara desapercibida) na que recortan un número moi grande de traballadores (+ou- 100 de 300 e pico) Os profesionais que quedan (funcionarios de carreira, que senón tamén irían para a casa) terán que aumentar a súa carga de traballo, pero non é ese o motivo da folga. As causas de botar dous días de manifa-concentración son que se reducen grupos, horas por idioma, obradoiros de conversación, masifícanse novamente as aulas... vamos que o paso cara a atrás é evidente. Os erros da Consellaría son tantos e tan variados que afectan a todos os corpos do ensino, en primaria andan que trinan co novo reparto (caótico) do profesorado, os recortes en secundaria son impresionantes, as escolas xa están na rúa. A última víctima será a universidade galega que tamén se prepara para recortes enmascarados baixo o plan Bologna...
ah, o aforro nas escolas de idiomas é o suficiente para construír cinco metros de autoestrada... se seguen así chegan aos quince metros grazas ao resto de corpos do ensino....
Agora hai que ver o que din os medios, de momento a radio galega minimiza o conflito dicindo que protestan por ter máis carga lectiva e que non se suprimen postos de traballo... que rabia, xa non é demagoxia, son mentiras puras e duras.
Os sidicatos xa falan dunha folga xeral do ensino, creo que desta vez imos ter que esplumar a galiña dos ovos que lle faltan á Consellería...

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: