Ben, o caso é que cámara, luces e ACCIÓN. Onte tocoulle o turno a MULLERES EN VENEZIA, unha divertida comedia do ano 67 dun director un pouco distinto ao que se estilaba daquela con ETs e outros fenómenos fantásticos. A min gustoume moito, aínda que un pouco longa polo tarde que era... o motivo máis aconsellable para recomendar ver este triller (xa falo coma os culturetas) é que é humor intelixente, cine intelixente, dese que me gusta a min. Moi refinado e elegante, e... aínda por enriba... ambientado nunha Venezia non tan de cine coma a das pelis. Déixovos a ficha técnica e o cartel por se alguén se anima...

ANO: 1967
DURACIÓN 131 min
PAÍS: EE.UU.
DIRECTOR Joseph L. Mankiewicz
GUIÓN Joseph L. Mankiewicz
MÚSICA John Addison
FOTOGRAFÍA Gianni di Venanzo
REPARTO Rex Harrison, Susan Hayward, Maggie Smith, Cliff Robertson, Capucine, Edie Adams, Adolfo Celi
PRODUCTORA United Artists
SIPNOSE: Un home que posúe unha inmensa fortuna e vive nun suntuoso palacete le a obra de teatro Volpone. Desde ese momento, decide imitar en todo o posible ao protagonista. Escribe cartas a tres amigas súas, posuidoras tamén de grandes fortunas. O motivo da súa carta é anunciarlles que está a morrer e non sabe a quen deixar a súa fortuna...
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: