
Na web "concellos saudables" preséntasenos a quinta ruta ciclista polo concello, reproduzo o texto;
"PEDALEA SAÚDE
5ª SAÍDA
A saía desta marcha en bicicleta de montaña será, coma sempre, o domingo 18 de outubro ás 10 da mañá no kiosko da alameda.
Nesta cuarta saída, iremos cara Ouzande, Somoza, Tabeiros, Nigoi, Codeseda, Souto e Arca.
Se repartirán auga e barritas enerxéicas ó longo do percorrido.
Se contará cun coche de apoio de protección civil.
IMPORTANTÍSIMO: LEMBRADE TRAER CASCO.
O QUE NON TEÑA CASCO NON PODERÁ PARTICIPAR NAS RUTAS NIN SE SELARÁ O CARNET"
Está claro que quen escribiu isto non sabe onde poñer os pronomes átonos... imos ter que dicirlle aquilo de que os pronomes non encabeza, en ningún caso, oracións.
Ben, o caso é que este domingo fixemos roteiro ciclista coa supercabuxa que trouxen de Portugal, a pesar de xa ir cascada e dar os seus problemas, conseguiu facer unha ruta no medio de "profesionais", o bonito foi a ruta en si, con paisaxes variadas e bonitas, moitos camiños de terra, as subidas graduais... boa ruta. A organización boa a pesar de parecer trapalleira por momentos.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: