11/04/2009

Astérix e Obélix falan galego:::


Xa está a venda en todas as librarías do país a versión en galego da edición especial co gallo do 50 aniversario da popular banda deseñada.Astérix e Obélix-O libro de Ouro. A edición especial das aventuras dos dous guerrilleiros galos acaba de saír ao mercado a nivel mundial traducida para un total de 14 linguas, entre elas o galego. Trátase do primeiro número en varios anos que se edita tamén no idioma propio de Galiza desde que a editora Salvat Bruño se responsabilizara da edición e comercialización desta coñecida banda deseñada.