11/06/2009

Entrega de premio ao concurso fotográfico:::

A gañadora foi "mulherinha" e o acto de entrega realizouse o pasado venres á noite nun coñecido local da noite estradense. Á cita acudiron blogueiros-as de todas as pólas; xente que se actualiza e xente que non o fai. Chegou o momento da entrega dos "Óscarblogueiros", emoción... curiosidade... unha gañadora... un premio.... "ESPIÑO". Reaparece tras meses sen dar sinais de vida, pero OLLO que no futuro dará máis sorpresas!!!
Esta foto é de perfil...
Estoutra de cara...
O noso agradecemento público a BALDOSAS AMARELAS por exercer de fotógrafo. E como o concurso ía de fotos poñemos a foto obxecto de concurso...

QUE É? pois unha lata de aceite reciclada en uso como papeleira no hostal San Roque, a bolsa púxenlla eu, que nin iso tiña.

2 comentários:

  1. obrigada polo premio tan bonitiño!

    ResponderEliminar
  2. moi bonito, ti dando espiños por aí e eu aquí esperando polo meu pocoyó desde fai...... nin me acordo!!!! o próximo concurso que faghas vouno ghanar eu e o premio vai ter que ser un pocoyó. quedas avisado!!

    ResponderEliminar

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: