11/20/2009

O Concello segue sen recibir orde de paralización das beirarrúas de Ouzande:::

Pódese ler hoxe en "La Voz de Galicia":


O goberno estradense esperou onte, inutilmente, a chegada dalgunha notificación oficial, ou formal, da Deputación provincial que confirmase a disposición do ente provincial de paralizar a obras das beirarrúas de Ouzande, tarefas que o propio Concello parou ao ter coñecemento de tal pretensión.
Nas oficinas municipais buscábase tamén onte no expediente desta obra se chegou algunha contestación oficial ou formal da Deputación ao escrito que o remitiu o Concello a principios de agosto comunicandolle os cambios que introducira no proxecto inicial desas beirarrúas precisamente a petición do entre provincial.

2 comentários:

  1. publicado polo propio concello na súa web oficial:
    18 de Novembro de 2009

    O Concello da Estrada critica a actitude mantida pola Deputación Provincial en relación coas beirarrúas de Ouzande
    José Antonio Dono lamenta que o ente presidido por Rafael Louzán non teña feito ningunha comunicación en 3 meses, e agora advirta telefonicamente da súa intención de suspender os traballos.



    Técnicos da Deputación de Pontevedra puxéronse o 17 de novembro en contacto cos seus homólogos do Concello da Estrada para advertir da intención do ente provincial de paralizar as obras das beirarrúas de Ouzande.



    Desde o Goberno local, á espera da comunicación oficial deste feito e dos seus motivos, iniciáronse as xestións oportunas para salvar este innecesario conflito institucional, e principalmente para evitar que os veciños desa parroquia queden sen unha infraestrutura tan necesaria.



    O alcalde da Estrada, José Antonio Dono, iniciou conversas co ente presidido por Rafael Louzán, de cara a evitar esa consecuencia non desexada. Así, aproveitou a visita xirada hoxe polo vicepresidente da Deputación, Juan José Durán Hermida, para expresarlle o desagrado e malestar do Concello en relación con este asunto.



    Dono lembroulle a Durán Hermida que desde o primeiro momento, a Deputación puxo trabas para a posta en marcha desta actuación. Ademais, recordoulle que as cuestións que suscitaran o veto provincial foran xa tratadas en reunións anteriores entre os técnicos dos dous organismos.



    O rexedor informou ao responsable provincial de que a Deputación posúe, desde o 6 de agosto pasado, un informe que contén as modificacións feitas polos técnicos municipais ao proxecto presentado inicialmente, e que contemplaba a solución acordada entre ambas institucións. Sen embargo, nos máis de tres meses transcorridos desde entón, a Deputación de Pontevedra non se puxo en contacto co Concello a este respecto.



    Por ese motivo, José Antonio Dono expuxo que a actuación da Deputación está a ser inaceptable, dado que en lugar de solucionar os problemas técnicos que puideran subsistir, é a propia Deputación a que está a entorpecer os traballos e a xerar prexuízos aos estradenses, nun asunto tan importante e demandado polos residentes de Ouzande como é o relativo á súa seguridade viaria.



    O Alcalde da Estrada trasladou a Durán Hermida a súa opinión de que este non é o xeito de resolver controversias entre institucións, xa que entre estas debe primar a lealdade e a colaboración, ao tempo que instou á Deputación a buscar unha solución que logre evitar a paralización das obras.



    Esta actuación está financiada a través do Fondo Estatal de Investimento Local cun importe superior aos 231.000 euros. A participación no Plan E de 2009 obriga a que a obra teña que estar rematada, e certificada polo consistorio, antes do 31 de decembro deste ano. En caso contrario, xeraríase un grave prexuízo para os beneficiarios directos, que son os veciños do lugar, xa que poderían perder esta infraestrutura.

    ResponderEliminar
  2. tou descubrindo que tou na parroquia por tar, que eu non me entero de nada...

    ResponderEliminar

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: