11/18/2009

Suspendida a obra das beirarrúas de Ouzande:::

Hoxe pola mañá leo no xornal "el correo gallego" unha noticia sobre, nin máis nin menos, que OUZANDE. Pero que chegue tan lonxe unha noticia sobre a parroquia non me fixo pensar que fora boa. Lede o que lin...

Dono está molesto coa actitude da Deputación nos traballos, incluídos no plan FEIL

A Estrada
Xa pareceron nacer gafadas e cada vez a cousa complícase máis. A dotación de beirarrúas en Ouzande, a escasos metros do centro da Estrada, incluiuse nos proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL), cun orzamento de 231.317 euros.

Mentres o resto adxudicábase e remataba, esta obra agardou durante meses polo informe da Deputación de Pontevedra, titular da vía. Onte o alcalde, o socialista José Antonio Dono, criticaba á Deputación polo seu silencio durante tres meses e que onte anunciáballe por teléfono a súa intención de suspender a obras, recente empezadas e que deben estar certificadas en decembro. Dono xa iniciou xestións ante o organismo provincial.

4 comentários:

  1. eu xa avisei no seu momento... non ides ter beirarrúas...

    ResponderEliminar
  2. arredemo moi señoritos nos volvemos, que sera o seguinte que vos poñan o metro lixeiro para ir a estrada tomala "chiquita". rozade as silveiras e deixadevos de facer a do señorito. cando volvan medrar as xestas e siveiras na beira do embaldosado tamen vos ides queixar non?. traballade e deixade de esperar que vos veñan facelas cousas, asi nos vai coma pais ainda nos van comer os xabarins. non empecedes a queixarvos do frio, limpade as cunetas oh, e deixade de esperar polo maná a mirar para o ceo

    ResponderEliminar
  3. ARREDEMO para o filósofo, debiches profundar demasiado posto que nós non nos queixamos de vicio, se estiveras informado desta noticia saberías que leva sendo promesa electoral desde hai moitos anos, pero os mesmos que prometen son a rémora para que cousas de lóxica vaian adiante. A situación da estrada local de Ouzande é moi perigosa; travesía de moito tráfico e onde moitos veciños e veciñas camiñan a pé polas beiras desta co conseguinte perigo sobre todo para a xente maior e os nenos que van ao colexio. Algúns xa coñecemos as xestas de ter que apartar para o medio delas en días de chuvia intensa...
    ti sigue profundando...

    ResponderEliminar
  4. ño filósofo! se cadra e millor ir en coche a estrada total para non atopar sitio onde aparcar, porque a pé estache ben complicado, e xa non digo nada á noitiña. Haiche moitos que, inda que teñámos vehículo preferimos in a andar, porque ademais se contamina menos. Pola cuneta, sen maleza ou con ela, por agora non temos costume de ir, xa que tal como está feita a vía non queda sitio ningún, a non ser que invadamos o sitio dos coches. Éche así mesmiño. E para que sigas profundando vai dar unha volta por algunhas "aceras" que se fixeron no rural a ver como están (Rebordelo-Tabeirós, ou se queres as de Tomonde en Cerdedo...) Non se trata de ser señoritos, senón de que haxa sentido común ou non, que impostos pagamolos todos. E para seguir profundando, podes dar un paseo polo centro da vila e mirar como están algunhas fincas: A de Campos(Estradense onda a Estación) ou a da beira da Alameda, por exemplo). Outra, pra rematar: hai moitos en Ouzande que hai tempo que deixamos de mirar para o ceo esperando polo mañá. Se non o facemos nós imos dados...
    Por certo, na Estrada xa case non hai onde tomar "chiquitas".

    ResponderEliminar

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: