12/21/2009

máis neve::::


Disque non é o máis habitual o feito de que neve en Verín capital, disque acostuma facelo nos montes de arredor. Pero tamén disque que cando neva, neva. De momento non teño as fotos descargadas... pero tempo ao tempo, de momento déixovos con esta de internete que fala de como pasa a autoestrada A-52 ao redor da vila. O punto máis conflitivo é a costa das Estivadas, pola zona de Cualedro (entre Verín e Xinzo) que converte a A-52 nun auténtico tobogán polo que acceder á capital de Monterrei. Moitos compañeiros tiveron problemas para acceder ao traballo desde Ourense, contan que había un coche enriba dun quitamedos... ben, eu desde a miña ventá, ao carón do radiador e cámara en man inmortalicei momentos bonitos que de mañá deron paso a momentos perigosos, sobre todo cando tentas pisar firme na pedra da rúa ou nas baldosas das beirarrúas, ou para acceder polas rúas que non foron transitadas en toda a noite e es o primeiro en pisar eses cinco cm de neve e xeo... Entra pois o inverno en Galicia.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: