1/07/2010

as frías pegadas chegan á Estrada:::


Segundo anuncia meteogalicia para hoxe hai posibilidade de ver folerpas en terras ouzandesas... polo que todos atentos ao ceo...
non é o máis frecuente pero debémonos alegrar para que se dea aquelo de ano de neves, ano de meles...
Esto é o que nos di para mañá METEOGALICIA:
Estado do Ceo
Alternancia de nubes e claros con precipitacións, máis frecuentes na metade norte e ocasionais no sur, de neve por riba dos 300 metros, e con posibilidade de sarabia no terzo norte durante a mañá.
Néboas
Bancos de néboa matinais en puntos do interior.
Temperatura
Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas xeneralizadas e sensación de frío durante toda a xornada.
Vento
Vento de compoñente norte, frouxo, con intervalos moderados na costa durante a madrugada e primeiras horas da mañá.
Comentario
A borrasca do Mediterráneo Occidental, que se localizará no Golfo de Génova, seguirá impulsando ventos de compoñente norte. Deste xeito, a masa de orixe polar seguirá situada sobre Galicia, facendo que poidamos ver neve practicamente en calquera punto do interior, aínda que de xeito máis frecuente no terzo norte; onde tamén poden vir acompañadas de sarabia nas primeiras horas. As temperaturas continuarán sen cambios significativos, con xeadas xeneralizadas e novamente con sensación de frío durante toda a xornada. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos, con intervalos moderados na costa durante a madrugada e primeiras horas da mañá.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Se liches esta noticia, ao mellor tes algo que contar... escríbeo: